Arquitecto e teórico
alemán nado en Hamburgo en 1803. Non sempre tivo en mente esta disciplina. Nos
seus primeiros anos como estudante, adicouse de maneira desordeada ás
matemáticas e á estatística, para logo buscar traballo como inxeniero. A vida
disoluta desta etapa (alcohol, xogo, duelos) imposibilitoulle centrarse e
obligouno a cambiar de cidade en varias ocasións.
Non sería ata 1829 que se
empregaría por primeira vez coma arquitecto, xa en París. Serían tempos
revoltos cheos de debates animados sobre cuestións técnicas (fascináballe
especialmente o tema sobre a policromía das obras da antiguidade clásica) e
cando nacerían nel os ideais republicanos que tristemente xogarían na súa
contra anos máis tarde.
Seguidamente
adscribiríase ó corpo diplomático, o que lle permitiu viaxar a Grecia e Roma e,
de paso, realizar investigacións arqueolóxicas. As súas publicacións sobre a
policromía derivadas de ditas investigacións foron determinantes para que en
1834 lle ofreceran unha cátedra na Academia de arte de Dresde.
A partir deste momento,
ó mesmo tempo que impartía clases, comezaría unha escintilante carreira como
arquitecto. Ó teatro da Corte desta cidade seguiríanlle outras moitas
construccións que levarían a consideralo á xove promesa da arquitectura alemá.
Participaría además activamente da vida artística de Dresde, frecuentando
espcialmente músicos como Weber, Shumann ou Wagner. Precisamente estivo moi
vinculado a este último durante gran parte da súa vida. As súas primeiras
grandes obras, O holandés errante e Tannhäuser, foron estreadas no Teatro que
deseñara Semper.
No 1848 sucedéronse as
revoltas en Europa. Semper aliouse cos republicanos e viuse obligado a fuxir do
país e rematar como refuxiado en París e logo en Londres. Durante os anos
seguintes adicaríase á investigación e a teorización. Precisamente neste
momento publicaría unha das súas obras máis coñecidas: “Os catro elementos
da arquitectura”, na que teoriza sobre a arquitectura dende unha
perspectiva antropolóxica. Semper considera dous grupos primordiais: o lume,
como unha analoxía do fogar; os elementos que protexen ó lume (e por tanto ó
fogar) dos elementos externos. A súa análise parte dunha cabana primixenia,
primitiva e vai deconstruindo os seus elementos no básico, tendo moi en conta
as razóns da súa orixe e a utilidade.
En 1859 trasladaríase a
Zurich, onde ensinaría arquitectura no Politécnico Federal e redactaría os dous
tomos da súa obra monumental “O estilo nas artes técnicas e
tectónicas”. Nesta época final voltaría a construir, destacando a súa
participación no deseño dun grupo monumental ó largo da Ringstrasse de Viena.
Semper morrería en Roma
en 1879 como unha gran figura teórica. De lectura densa, ó mesmo tempo abre a
mente a un pensamento diferente e práctico, a unha visión analítica de porqué
as cousas son como son. Cabe mencionar a súa contraposición a Vitrubio. Mentres
que o mestre clásico destacaba os elementos artísticos da arquitectura, Semper
consideraba máis importante o propio feito da construcción, visión que
contradicía totalmente a monumentalidade que ata ese momento se cultivara. Nos
países anglosaxóns foi un importante referente que condicionou a maneira de ver
o espacio, algo que queda latente nas obras da primeira metade do século XX.
Para saber máis:
- “Escritos
fundamentales de Gottfried Semper”. Antoloxía dos seus escritos máis
destacados como “Los cuatro elementos de la Arquitectura”, “Teoría de la
belleza formal” e outor. ( Signatura: 74 SEPO)
- “Semper:
el estilo”. Edición monumental, anotada e ampliada do clásico tratado de
estética “El estilo en las artes técnicas o tectónicas, o, Estética
práctica y textos complementarios”. Inclúe numerosas nota e ilustracións
non engadidas na edición orixinal pero que aportan unha visión máis completa
da obra, así como textos doutros autores e materiais relacionados cos
temas que comenta Semper. (Signatura: 74 SEPE)
- Gottfried Semper: architect of the nineteenth
century. Extenso estudo da traxectoria
vital e profesional do arquitecto. Inclúe numerosas ilustracións e
biblografía. (Signatura: 72 Semper MAL)
- Gottfried
Semper: architettura e teoria. Obra mais modesta que repasa a vida de
Semper e analiza a súa teoría estética ( 72 Semper HER)
No hay comentarios:
Publicar un comentario