Mostrando las entradas con la etiqueta coag coruña. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta coag coruña. Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de febrero de 2012

Iter, Itineris

Mañán xoves día 1 de marzo ás 20:00h, na Sala de Cultura da Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia, terá lugar a conferencia do estudo Afonso Fernández Bernárdez, sobre a súa obra, dentro do ciclo de conferencias, ITER, ITINERIS.



Será presentado por VIER arquitectos . Ao finalizar a exposición realizarase unha mesa redonda.

lunes, 3 de octubre de 2011

Día mundial da Arquitectura 2011

Arquitectura e dereitos humanos este é o lema co que a Unión Internacional de Arquitectos (UIA) decidiu orientar as celebracións do Día Mundial da Arquitectura, que se celebra hoxe en todo o mundo , coincidindo co Día Mundial do Hábitat.

A sede coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dedicará este día ao edificio da antiga prisión provincial. Exposicións, proxeccións ou conferencias formarán parte da programación durante toda a semana, aínda que o acto principal será unha visita guiada ao inmoble.


Fotografía de Carlos Pardellas.

martes, 15 de febrero de 2011

Deseo de ciudad ; Arquitecturas revolucionarias

Este xoves ás 19:oo h. na delegación do COAG da Coruña presentarase esta nova publicación.
Falarán:
Cristina García-Rosales coordenadora do libro , Juan Freire investigador e autor e Fernando Cabal editor.
Haberá tamén un debate: A construcción cooperativa da cidade; a cidade por e para quen a habita.

Organiza: RDS [Rede de Dereitos Sociais] http://rede.blogaliza.org/
Colabora: COAG. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia


miércoles, 26 de enero de 2011

Areas residenciais universitarias

Mañán xoves 27 de xaneiro, presentarase o libro "Áreas Residenciais Universitarias", a partir das 20.00 horas na Sala de Arquitectura da delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
A presentación correra a cargo do profesor desta Escola Xose Lois Martínez e tamén participaran no acto o concelleiro de Rehabilitación Urbana e Vivenda, Mario López Rico, e o presidente do COAG-Coruña, Manuel de la Iglesia.


A biblioteca pechará o xoves por apoio a folga xeral e o venres por ser o día do patrono da universidade.

martes, 30 de noviembre de 2010

Exposición de Baku Akazawa

O Colexio de Arquitectos da Coruña, en Federico Tapia, inaugura mañá, 1 de decembro, a primeira exposición do fotógrafo xaponés Baku Akazawa.
A mostra permanecerá aberta ata o 10 de xaneiro e reúne unha serie de imaxes sobre arquitectura e paisaxe na cidade.

jueves, 3 de junio de 2010

A cidade dos barrios

O barrio de Agra do Orzán é o protagonista da nova acción que se está a desenvolver no marco da plataforma A Cidade dos Barrios, promovida pola delegación coruñesa do Colexio de Arquitectos para reflexionar e debater sobre as necesidades dos veciños en canto a urbanismo e utilización dos espazos públicos.
Baixo o título de “Límites da densidade”, a actividade central deste obradoiro desenvolverase o venres, a partires das 22.00 horas, e incluirá a proxección dun documental no que se recollen as impresións e inquedanzas dos habitantes do barrio, así como ilustracións comentadas sobre o Agra do Orzán deseñadas por un colectivo de artistas.

martes, 11 de mayo de 2010

A cidade dos barrios

Mañán mercores 12 de maio ás 19 h. na sala de conferencias do COAG Coruña, presentaranse as valoracións dos obradoiros Pescadería, un barrio oculto no centro e Inserción de espazos de convivencia desenvolvido no parque de Vioño. A continuación Jose miguel Iribas, sociológo especializado na diagnose territorial, urbanística e turística, falará do valor do centro e o valor da convivencia.
Podedes atopar máis información na web de A cidade dos barrios.

jueves, 29 de abril de 2010

Cine na Pescadería

Hoxe xovés 29 de abril e mañán venres día 30 ás 21.30 proxectaránse as películas :

.Camarote de lujo ,de Rafael gil
.El pisito ,de Marco Ferreri

A proxección destas filmacións forma parte do proxecto A cidade dos barrios o cal pretende unha aproximación a realidade dos diferentes barrios da Coruña dende a participación dos seus habitantes.

miércoles, 25 de noviembre de 2009

Hortas na cidade dos barrios

Dentro da iniciativa A Cidade dos barrios pretendese aproveitar o potencial agricola que ofrecen algunhos barrios tradicionalmente ligados ao campo, como Feáns, Mesoiro...para revalorizalos promovendo o aluguer de terreos que carecen de utilización.
A presentación desta iniciativa será no Forum metropolitano o xoves 26 de novembro ás 19:30 . Podese consultar toda a información http://hortasnacidade.wordpress.com

miércoles, 11 de noviembre de 2009

A Cidade dos barrios

Esta semana o experimento nº 3, dentro dá plataforma de reflexión e difusión "A cidade dos barrios" ,realízase no barrio As Atochas - Monte Alto .
O luns 9 e o martes 10 realizáronse unha serie de reunións de traballo e debate nalgúns dos centros sociais do barrio, e desde o xoves 12 ata o sábado 14 desenvolveranse varias actividades dirixidas a posibilitar e solicitar as opinións dos veciños.