Mostrando las entradas con la etiqueta Exposición. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Exposición. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de octubre de 2011

MZ:GZ Mozambique: Galiza

Mañán martes 25 de outubro , o profesor da Faculdade de Arquitectura de Maputo impartirá unha conferencia sobre a súa Escola baixo o título "25 anos despois. Desafios para o futuro", tamén haberá outra conferencia sobre o arquitecto José Forjaz.
Paralelamente a biblioteca preparou unha exposición cunha mostra de traballos académicos da faculdade de arquitectura de Maputo e unha mostra bibliográfica sobre Africa.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Caxigueiro


Mañán 15 de setembro este artista galego realizará unha instalación, denominada O ESPAZO DA PAISAXE, alusiva ao caos urbanístico.
A instalación componse de seis fotografías e diversas pezas, algunhas delas non tocan o solo para invitar á reflexión sobre a ocupación do territorio.

miércoles, 13 de abril de 2011

Xaquín Lorenzo Fernández (Xocas)

Coa incorporación ao fondo da biblioteca da obra Etnografía : cultura material de Xaquín Lorenzo Fernández (Xocas) a biblioteca montou unha exposición na que se mostran as 12 serigrafías que acompañan e ilustran a reedición desta obra clásica dun autor que principalmente dedicouse a realizar e dirixir numerosos estudos sobre etnografía material e cultural galega. Os artistas que participan son: Alfonso Abelenda, Ramón Astray, Ayaso, Pedro Bueno.....

jueves, 17 de marzo de 2011

Sen ataduras

A exposición colectiva Sen ataduras, a cal poderase visitar ata o próximo 3 de abril na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, conmemora o Día Internacional das Mulleres cunha compilación das obras dalgunhas das artistas máis destacadas da bisbarra. Comisariada por Josefina Cerviño, profesora desta Escola, e cunha instalación deseñada por José Luis Rey, nela expoñen as súas pezas creadoras como Berta Ares, Julia Ares, Sabela Baña, María Xosé Díaz, Dorda, Yolanda Ferrer, Dolores Gálvez, María Gilino e Montse Rego.

lunes, 13 de septiembre de 2010

Cámara Barroca

Este xoves, 9 de setembro de 2010, inaugurouse a exposición Cámara Barroca no Claustro Alto de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela..
Este proxecto é o resultado de xuntar un grupo de artistas fotógrafos: VARI CARAMÉS, JOSÉ CARUNCHO, XURXO LOBATO, TINO MARTÍNEZ, EDUARDO OCHOA e XOÁN PIÑÓN, para proporlles o reto de facer unha interpretación global do barroco galego, sen outra limitación que a da natureza do soporte e da ferramenta de comunicación.
Permanecerá aberta ata o 15 de outubro.

lunes, 8 de marzo de 2010

A muller onte

Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora, a biblioteca de Ciencias da Educación mostra unha exposición sobre a muller no século XIX, con destaque da figura de Concepción Arenal.
Con esta mostra, ademais de difundir unha parte descoñecida da súa colección, como é o fondo antigo, a biblioteca pretende aportar unha bibliografía exhaustiva sobre un tema de interés: a Muller, a súa situación social e a súa educación dende finais de 1850 até 1936.

Máis información na web da biblioteca de Ciencias da Educación

lunes, 25 de enero de 2010

Exposición na E.T.S.A.C

Este dias inaugurouse a exposición "Proxectar para o outro 90%" a cal pretende ser un espazo de reflexión sobre o contido social da arquitectura, pondo a énfase nesta faceta da profesión do arquitecto tan necesaria para conseguir un desenvolvemento humano sostible.

A clausura desta realizaráse o xoves 4 de febreiro, tendo previsto para ese día unha mesa redonda cos organizadores e profesorado de PFC da escola. Toda a información en http://sisarchitecture.wordpress.com/

martes, 12 de enero de 2010

De Picasso a Barceló. A colección Mayoral

Ata o vindeiro 7 de febreiro do 2010 podemos visitar esta exposición no Museo de Belas Artes da Coruña.
Esta exposición realiza un itinerario ao longo da arte española da segunda metade do século XX e inicios do XXI, a partir dunha serie de obras que conforman a colección de Manuel Mayoral, coleccionista e galerista catalán, cunha formación e experiencia que ven reflectidas nun patrimonio artístico coidadosamente seleccionado e recompilado durante máis de 30 anos.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Es algo más

Hoxe xoves 26 de novembro inaugurase na sede do Colexio oficial de aparelladores e arquitectos técnicos a exposición "Es algo más" da artista Aurora Santos, antiga alumna da nosa escola. Poderá visitarse ata o 10 de decembro en horario de 11 a 14 e de 17 a 21 horas de luns a sábado.

martes, 20 de octubre de 2009

Exposición na ETSAC

Dende o 15 de outubro na entrada da nosa Escola podese ver a exposición "pequenas reflexións inútiles sobre Guatemala (con minúsculas)", que recolle parte da colección de collages que fixo durante a súa estancia en Guatemala Adrian Ferreiro estudante dá ETSAC e membro activo de Arquitectos sen fronteiras.



jueves, 8 de octubre de 2009

Rodin e a mitoloxía simbolista"

O Kiosko Afonso da Coruña acolle ata o próximo 15 de novembro a exposición "Rodin e a mitoloxía simbolista", organizada pola Obra Social da Caixa, na que se presenta desde unha óptica inédita a obra do escultor francés.
O comisario da exposición, Miguel Anxo Elvira, explicou en rolda de prensa que non se trata dunha mera presentación da vida e significado de Rodin, senón da súa visión da mitoloxía, unha temática que formaba parte da linguaxe artística do século XIX.

jueves, 2 de abril de 2009

Josep Llinàs

A Fundación Torrente Ballester inaugura a exposición sobre o arquitecto Josep Llinàs có título "Casas vividas: 1978-2008". Trátase dunha retrospectiva sobre a obra deste arquitecto castellonense, galardonado cos premios máis prestixosos da arquitectura nacional e internacional.

Do 7 ao 30 de abril

Rúa do Vilar n.7
15705 Santiago de Compostela
Telf. 981 552304
E-mail: fgtb@fgtb.org

Podedes atopar monográficos sobre Llinàs na Biblioteca da ETSAC

viernes, 20 de febrero de 2009

Exposición de gravado "Ancora no Alén"

O vindeiro xoves 26 de febreiro na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Olmos 16-18, 1º, A Coruña) inaugurase a exposición: "Áncora no Alén". Se trata da exibición dunha carpeta de grabados realizada por 14 gravadores e un poeta como homenaxe ao artista coruñés Urbano Lugrís.
A exposición poderá visitarse ata o 26 de marzo.

lunes, 9 de febrero de 2009

urbanismo na eurorrexión

O COAG inauguró onte en Vigo a exposición itinerante Habitares, os lugares dos cidadáns, coa que se quere analizar o desenvolvemento urbanístico da rexión Galiza-Norte de Portugal. Duascentas fotografías, vídeos, planos e estatísticas mostran o espazo urbano de A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Pontevedra, Vigo, Ourense, Viana do Castelo, Braga e Porto e mézclanse coa idea que distintas persoas das localidades elexidas teñen das súas cidades.
Cando a exposición chegue as cidades incluidas na análise, poderase ver un vídeo que mostra o percorrido audiovisual pola propia cidade.

martes, 13 de enero de 2009

Exposición de propostas para a praza de Pontevedra (A Coruña)

Do 15 de xaneiro ao 15 de febreiro do 2009 haberá unha exposición na delegación do COAG na Coruña sobre 17 propostas de tres escolas europeas (Regensburg, Clermont-Ferrand, A Coruña) sobre a praza de Pontevedra e o fronte marítimo do Orzán.
Máis información na páxina web do COAG

martes, 23 de diciembre de 2008

Circulos imperfectos

Ata o día 27 de xaneiro, na sala de exposicións do COAG en Santiago de Compostela, preséntase unha exposición que percorre o século XX con case 1.500 figuras que rastrexan e relacionan, nun gran mapa cronolóxico que ocupa 50 m. lineais de muro, a utilización das xeometrías circulares e a súa adaptación ao sucederse de tempos e movementos.

viernes, 5 de diciembre de 2008

Séptimo salón de outono

As catro obras premiadas nesta edición, asi como outras 25 seleccionadas polo xurado entre todas as participantes, poderán verse desde esta tarde e ata o próximo 31 de decembro, na aula de cultura de Caixa Galicia na Coruña.
Este salón mostra o mellor do arte galego actual, según os membros do xurado.

lunes, 24 de noviembre de 2008

Exposicion de Infravivenda universitaria

Inaugurouse na área de exposicións da ETSAC a exposición resultante do proxecto de investigación sobre a infravivenda universitaria, realizada por un grupo de profesores e estudiantes da área de urbanismo da ETSAC.
Esta exposición analiza e describe algunhas das tipoloxías que o mercado inmobiliario ofrece para o aloxamento universitario na Coruña.

viernes, 7 de noviembre de 2008

G.A.T.E.P.A.C

Un grupo ético e estético que quixo cambiar o mundo,pois constitúo o primeiro movemento artístico español con vontade de unir a todas as artes . Gatepac xurdiu nos anos trinta e a súa mellor arma foi revístaa AC, cuxas siglas significan Actividade e Contemporánea.

Ata o 5 de xaneiro de 2009 o museo Reina Sofía dedica unha exposición a este colectivo e a súa revista.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

Arquitectura do Ticino 1970-2008


A sala da delegación coruñesa do COAG acolle hoxe ás 20 horas a inauguración da exposición A arquitectura do Ticino.Esta exposición estará aberta do día 5 o 29 de novembro.
A mostra inclue un ciclo de conferencias a cargo dos arquitectos Graziella Zanonne, Aurelio Galfetti, Flora Ruchat-Roncati, Luiggi Snozz, Guidotti & Guidotti, Carola Barchi y Könz & Molo ,estas terán lugar os días 6 e 7 de novembro no Museo de Belas Artes.