Mostrando las entradas con la etiqueta repositorios dixitais. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta repositorios dixitais. Mostrar todas las entradas

jueves, 23 de mayo de 2013

Repositorio da Universidade da Coruña

Podedes ver neste link do repositorio da Universidade a memoria docente do curso 2003/2004 da asignatura de Debuxo II, do Departamento de Representación e Teoría Arquitectónica, impartida polos profesores Antonio Amado e Manuel Franco



viernes, 16 de marzo de 2012

Repositorio dixital da UDC

A UDC ten un dos primeiros repositorios institucionais que apareceron en España. O RUC é o repositorio dixital da Universidade da Coruña e o seu obxectivo é difundir e preservar os materiais producto da actividade docente e investigadora da Universidade asi como os seus fondos documentáis patrimoniáis.
Animádevos a depositar nel os vosos traballos (fin de carreira, mestrado...)  é moi sinxelo.
Tedes máis información na súa páxina web e na guía de uso elaborada pola Biblioteca da Facultade de Ciencias da UDC.
Tamén podedes consultar o  Blog da sección de Información e Coordinación da Biblioteca da Universidade da Coruña onde nos falan máis ampliamente do Acceso aberto ou Open Access.





viernes, 12 de mayo de 2006

Repositorio da UDC e PFCs

A raiz da noticia anterior xurdiu unha dúbida: ¿poderán consultarse os PFCs no noso repositorio?.
O noso repositorio (Dspace) está en funcionamento dende hai uns meses e polo de agora só hai traballos de investigación e unha tese. A intención é que, co apoio institucional (política de autoarquivo) se deposite todo o que se investiga na universidade e, por suposto, tamén os PFCs (da ETSA, EUAT, Informática e Camiños), como se está facendo nos outros repositorios da península (Recercat, UPC, UCM e o da Universidade do Minho). Como digo, para eso é imprescindible o apoio da institución. Creo que o único que fai falla é un cambio de mentalidade hacia os nosos traballos: que o autor se de conta de que se o seu traballo está nun repositorio institucional 1- terá maior visibilidade, 2- serán moitos os que o consulten e coñezan as súas aportacións, 3- acadará maior impacto, 4- acadará maoir prestixio na súa área e colaborará para que a súa universidade teña tamén un maior prestixio internacional, 5- non terá que preocuparse pola preservación dos seus traballos (nin pola migración de soportes), 6- terá unha url persistente. Se queredes saber máis sobre o repositorio entrade nél e tamén podedes consultar un documento dos seus creadores no mesmo repositorio.

martes, 9 de mayo de 2006

PFCs, artigos, teses e traballos a texto completo

O portal “UPC Commons” ofrece acceso aos repositorios que ten desarrollado o Servicio de Bibliotecas da UPC: Archivo Gráfico de la ETSAB, revistas, traballos de investigación, proxectos de fin de carreira, teses (TDR) ou vídeos dixtais. No aprtado de Proxectos fin de carreira tedes o texto completo dalgúns PFCs sobre MUSEOS; no de revistas o texto completo de todos os artigos da revista Annals d'arquitectura, p.e. ; no de vídeos algúns vídeos de conferencias de arquitectos como Alva Aalto e nos traballos de investigación algúns do Dpto de Proyectos da UPC. Estos repositorios súmanse ao que temos na nosa Universidade (Dspace) aínda que parece que os investigadores da UPC están máis concienciados da difusión e do prestixio que supón para eles e a Universidade a introdución dos seus traballos nun repositorio institucional, así como do fomento da visibilidade do impacto da investigación (os motores de busca científicos máis importantes rastrean este tipo de recursos). Podedes ver tamén que eles inclúen os PFCs de arquitectura. Todo isto entra dentro dos cambios promovidos na Declaración de Berlín a favor do acceso abeerto e público dos resultados académicos no contexto das novas formas de comunicación científica.

viernes, 5 de mayo de 2006

TDR. Acceso a texto completo de teses

O servidor TDR contén, en formato dixital, teses doctorais lidas nas universidades de Catalunya e doutras comunidades autónomas. Permite a consulta libre a través da rede internet do texto completo das teses, así como realizar búsquedaspor autor, título, director, departamento, materia, palabra clave ou rango de datas . A Universidade da Coruña xa tén unha tese: Partículas, VolúmenesFinitos y Mallas no Estructuradas: Simulación Numérica de Problemas deDinámica de Fluidos, de Luis Cueto-Felgueroso. O servidor contén xa máos de 3300 teses.

martes, 7 de marzo de 2006

REPOSITORIO DIXITAL DA UDC

A UDC conta cun repositorio dixital, UDCDspace no que se pode acceder o texto completo de publicacións dos investigadores da nosa Universidade. É un sistema que proporciona de xeito estable e seguro a preservación de documentos dixitais produto da actividade científica e institucional da UDC, e facilita a súa accesibilidade en Internet. Se es investigador podes, facilmente, publicar os teus traballos de investigación co que conseguirás: maior visibilidade dos teus traballos, maior factor de impacto, protección, unha URL persistente, menos traballo en webs persoais e rapidez de difusión. Actualmente no ámbito nacional unicamente teñen repositorios dixitais Universidades Catalanas , UCM e UDC.