O pasado 31 de marzo
finou a recoñecida arquitecta anglo-iraquí Zaha Hadid. Hadid foi unha figura
aclamada e polémica a partes iguais. As súas construccións grandilocuentes e
angulosas non foron sempre ben acollidas por parte da crítica profesional. Con
todo, é indudable a súa importancia no panorama da arquitectura internacional,
como así o demostran os numerosos premios cos que se honrou o seu traballo ó
longo da súa dilatada carreira. Entre eles, o premio Pritzker que recibiu en
2004.
Dende a biblioteca
desexamos facerlle unha homenaxe bibliográfica a través dalgúns libros adicados
á súa obra que se atopan entre os nosos fondos:
- Architecture of Zaha Hadid in photographs by
Helene Binet. Selección
de fotografías dalgunhas obras arquitectónicas dende unha particular
perspectiva. En branco e negro, a fotógrafa xoga coas luces, sombras e
volumes, agrandando o espacio e dotándoo de múltiples significados.
- Arquitektur
/ Arquitecture. Obra
bilingüe (alemán e inglés) que fai unha análise dos proxectos máis
destacados, así como da súa propia filosofía de deseño (“Se hai 360
grados, cómo limitarse a un só").
- El
Croquis (monográficos). Tres
retrospectivas que cobren os periodos de 1983 a 1991, 1983 a 1995 e 1983 a
2004 e inclúen entrevistas a Hadid, maquetas, conceptualizacións e deseños
dos desenvolvementos dos proxectos.
- The End
of Architecture Nesta
obra diversos profesionais, entre eles Hadid, aportan a súa visión sobre o
futuro desenvolvemento da arquitectura e pretenden aportar ideas do que
está por vir. Aínda que se trata de unha obra antiga (1992) é interesante
de cara a comparar as posturas que se tiñan nese momento e ata qué punto
coinciden coa realidade final.
- New
Architecture 08/09 Innovation.
Recopilación que destaca os proxectos rematados, tanto no seu exterior
como no interior.
- Space
for art.Monográfico
adicado ó desenvolvemente do Contemporary Arts Center de Cincinnati.
Inclúense mostras de todo o proceso de deseño, dende os estudos
volúmetricos, ata as fotografías do edificio xa rematado
- Tashen.
Complete works 1979-2009.
Edición de gran formato, moi coidada na forma, que percorre a totalidade
da traxectoria profesional da arquitecta. A recopilación definitiva ata o
2009.
- Tendenze
dell’achitettura europea. Gli anni novanta. Entre as edificacións referidas neste libro,
destacamos a estación de Bombeiros de Vitra, primeira obra de deseño
internacional de Hadid.
- Thames & Hudson. Zaha Hadid complete works.
Interesante antoloxía composta por catro volumes que resultan unha
panorámica da súa actividade profesional: Major and recent works; Process
Sketches and Drawings; Texts and References; e Projects
Documentation.
- Top
arquitectos del mundo.
Análise dalgúns dos arquitectos máis importantes do mundo con vistas ó
século XXI. Entre eles, Hadid.
- Total_Fluidity. Compendio dos proxectos do Studio Zaha Hadid
presentados entre os anos 2000 e 2010 para as diversas master class
impartidas na Academia de Artes Aplicadas de Viena.
- Visiones
para Madrid.
Recopilación de ideas arquitectónicas con base na cidade de Madrid. Hadid
ofrece a súa propia visión acerca de unha aproximación diferente para a
rúa da Castellana e a M-30.
- Zaha Hadid. Guggenheim Museum. Catálogo da exposición que o
Guggenheim de Nova York lle adicou polos seus 30 anos de carreira.
Comprende dende as pinturas resultado da coidada plasmación dos seus
deseños, ata as fotos das edificacións xa construidas.
- Zaha Hadid. Recent project. Obra bilingüe (inglés e xaponés)
que recopila de novo a producción da arquitecta. A destacar as imaxes dos
proceso de construcción dos edificios, así como as vistas dos planos de
cada un deles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario