Paulo Mendes da Rocha é
un dos máis importantes e laureados arquitectos brasileiros dos nosos tempos
xunto e en contraposición de Niemeyer.
Recentemente
recibiu o premio León de Ouro á traxectoria e dende a biblioteca desexamos facer
unha pequena lembranza da súa obra.
De pai e abós
inxenieiros, que di que o influiron moi positivamente á hora de exercer á súa
profesión, cursou estudos de arquitectura en Sao Paulo. Sería precisamente alí
onde coincidiría co nacemento da Escola Brutalista Paulista ( http://www.jbono.es/filter/urbanismo/Escuela-Paulista-Brutalismo-en-Brasil
) liderada por Artigas,
á que seguiría e pola cal comezaría a situarse na vangarda arquitectónica do
seu país.
Nos anos sesenta
comezaría á súa etapa docente, que tería que deixar de lado polo golpe de
estado militar, e voltaría a ela xa nos años 80. Irónicamente se trataría dun
dos seus periodos máis fructíferos en canto á práctica arquitectónica.
Case toda a súa obra se
atopa en Brasil, como o Centro Cultural Fiesp (http://www.fiesp.com.br/centro-cultural-fiesp-ruth-cardoso/ ), o Museo Brasileiro de Escultura (http://catalogo.artium.org/dossieres/exposiciones/premios-pritzker-viaje-por-la-arquitectura-contemporanea/obra-seleccionada-20 ) ou a súa propia casa
(http://catalogo.artium.org/dossieres/exposiciones/premios-pritzker-viaje-por-la-arquitectura-contemporanea/casa-en-butanta-1967),
coa que pretendía experimentar con materiais e demostrar que era posible unha
forma diferente de facer arquitectura.
Moi ligado ó papel
social da arquitectura e á responsabilidade que implica a creación de
edificios, levou a cabo todo tipo de obras. Trata sempre de atopar unha síntese
entre utilidade e beleza. Unha visión moi pragmática da disciplina. Ó mesmo
tempo posiciónase en contra dos arquitectos estrela xa que considera que o
importante é o edificio e as persoas, non o que o deseña. Igualmente aboga
porque a arquitectura “sexa oportuna, pois a cidade fórmana as casas e non os
monumentos”.
Ó longo de toda a súa
carreira gañou numerosos concursos públicos no seu país e recibiu varios
premios entre os que conta o Mies van der Rohe de Arquitectura Latinoamericana
de 2000, polo proxecto de restauración da Pinacoteca do Estado de Sao
Paulo, e o Pritzker en 2006.
Se vos pasades pola biblioteca atoparedes unha selección de algunas obras que analizan a súa producción e varias revistas nas que se fan análises de algún dos seus edificios en concreto. A destacar a súa “Obra completa” (72 Mendes da Rocha PIS) na que se fai unha análise completa da súa traxectoria e vale a pena darlle un repaso e o monográfico de AV Monografías (72 Mendes da Rocha AVM).
No hay comentarios:
Publicar un comentario