Álvaro Siza
Con motivo do seu nomeamento como membro de honra da Real Academia Galega de Belas Artes, na Biblioteca da ETSAC facemos unha pequena reseña da súa traxectoria profesional e da súa obra.
Nace en Matosinhos, Portugal no ano 1933. Doutor arquitecto pola Facultade de Arquitectura de Porto, onde exerceu tamén como profesor. Así mesmo, foi Profesor visitante en universidades coma a Universidade de Pensilvania, Universidade de Harvard, Escola Politécnica de Lausanne.
Siza é un dos máis importantes e prestixiosos arquitectos contemporáneos portugueses, a súa obra desenvólvese por todo o mundo, nela demostra a preocupación polo lugar, a integración na paisaxe, a adaptación á topografía, a busca da concordancia entre o natural e o cultural, o máis importante para él é o lugar onde se vai construir o edificio e as persoas que van a usalo. Realiza proxectos de arquitectura social interesándose principalmente pola transformación do espazo urbano que o leva a construir vivendas sociais coma por exemplo en Évora, Portugal, e tamén a rehabilitación de barrios en distintas cidades europeas como Berlín, La Haya ou Lisboa.
A súa arquitectura móvese entre o local e o global e aínda que non se encuadra en nigún movemento ou escola arquitectónica, podemos encontrar referencias de Alvar Aalto, Le Corbusier ou Wright. A súa obra ten unha gran dimensión humana, preocupase por comprender e respetar as necesidades das persoas que van a usar os seus edificios, é unha obra altruista ao servizo dos habitantes. Outra das súas preocupacións é o uso de materiais autóctonos, a defensa do traballo artesán e o coidado estudo da luz.
Ao largo da súa extensa carreira foi distinguido con moitos e importantes premios coma o Premio Europeo de Arquitectura Mies van der Rohe no ano 1988, o Premio Pritzker no 1992, Riba Gold Medal no 2009, UIA Gold Medal no 2011.
As súas principais obras no noso país son o Centro Galego da Arte Contemporáneo en Santiago de Compostela, a Facultade de Cciencias da Comunicación tamén en Santigo de Compostela.
Na Biblioteca da ETSAC fixemos un centro de interés sobre Siza onde atoparedes libros, revistas e outros materiais sobre a súa obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario