jueves, 21 de febrero de 2019

Centenario da Bauhaus









Neste ano 2019 celebrase o Centenario da Bauhaus, a Escola Superior de Deseño que revolucionou a arte, o pensamento e a arquitectura do século XX. Creada no ano 1919 polo arquitecto e urbanista Walter Gropius en Weimar (Alemania) e pechada polo partido nazi no ano 1933.
Esta celebración será un dos grandes eventos culturáis do ano, e contará con importantes exhibicións en varias cidades de Alemania e tamén noutros países como  Xapón, Rusia, China, Brasil, etc.
Na Biblioteca fixemos unha pequena exposición sobre a Bauhaus con fondos da biblioteca, podedes pasar a visitala.

lunes, 26 de noviembre de 2018

Rem Koolhaas e as galerías galegas


Temos un novo PUNTO DE INTERESE, adicado ao arquitecto holandés Rem Koolhaas que no seu derradeiro libro Elements of architecture (Taschen) , publicado neste ano 2018,  fala das típicas galerías do noso país coma a oríxe da aplicación da doble fachada, que é un dos elementos arquitectónicos dos que trata na súa obra.
Aproveitamos esta importantísima nova para facer un centro de interese no que recopilamos bibliografía que hai na nosa biblioteca sobre as galerías galegas, moitas escritas por profesores da nosa Escola:


  • As galerías da Mariña: A Coruña 1869-1884, do profesor Xosé Lois Martínez
  • La galería en Galicia como elemeto del agua e Arquitectura del agua , obras do profesor Joaquín Fernández Madrid.
  • Patrimonio de Betanzos: Estudios para su rehabilitación, coordinada polo profesor Emilio Martín Gutiérrez.
  • Architecture d l'eau, de Miguel Pereiro Gavilanes.
  • O libro das galerías galegas, de José de Castro Arines.
  • Galerías de Viveiro, de Diana Rodríguez.


Podedes vir a votarlle unha ollada!!.

martes, 20 de febrero de 2018

Conferencias na ETSAC



IVAN CABRERA
É fiable o teu programa de cálculo de estruturas?” é  o título da palestra que o profesor Iván Cabrera i Fausto, director da Escola de Arquitectura de València, dará na Escola
Cando: mércores 21 de febreiro de 2018, ás 12:30h
Onde: salón de actos da ETSAC, andar 0
-CONFERENCIA PFC:
“Excavacións e cimentacións”
Juan Pérez Valcárcel
Salón de Actos ETSAC
Mércores, 21 de febrero de 2018       16:00 h-18:00 h
Esta conferencia está dirixida a todo o alumnado de PFC de todas as titulacións
-XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN UDC
21 FEBREIRO- 9 MARZO 2018
Campus de Elviña-A Zapateira
Organiza: Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña (OMA-UDC)
 21 de febreiro, 12:30 h
PRESENTACIÓN
Lugar: Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Salón de grados (planta 1).

martes, 17 de octubre de 2017

Profesores da Escola divulgando a arquitectura

Mañá mercores18 de outubro é un dia no que os profesores da nosa Escola participaran en diferentes eventos:

--Na Escola no salón de actos ás 16:00 h dará unha conferencia JUAN CREUS ANDRADE co título 
"Estratexias dende o lugar"

--O director e profesor da Escola, FERNANDO AGRASAR QUIROGA  será ponente na mesa cadrada  ,dentro do Festival  de cinema fantástico da Coruña, "La arquitectura del infierno"

--Os profesores , MARIA CARREIRO e CÁNDIDO LOPEZ, participarán no ciclo “Portugal en Contexto” cunha palestra de título “Arquitectura no noroeste peninsular transfronteirizo”.
Na Facultade de Filoloxía ás 17:00 h

--O profesor Carlos Nárdiz ingresará no  Instituto José Cornide e dará unha conferencia sobre "El agua de mar y tierra en la construcción de la ciudad", con la que resaltará el agua como factor transformador de A Coruña.



viernes, 8 de septiembre de 2017

Curso 2017-2018

Este luns 11 de setembro comenza un novo curso na nosa Escola.
Quixemos preparar un punto de información bibliográfica para recibir a todos os nosos usuarios pero en especial aos que empezan este ano.
Para iso aproveitamos a aparición dunha nova edición actualizada do libro "Iniciación a la arquitectura" de Alfonso Muñoz Cosme para recompilar bibliografía que nos recomenda este autor sobre a profesión do arquitecto, o ensino dá arquitectura...e recomendar a lectura deste.
"Este libro vai dirixido aos mozos que se dispoñen a iniciar os estudos universitarios de Arquitectura e que se interrogan sobre o contido da carreira e a natureza da profesión. Para eles exponse de maneira sinxela en que consiste a formación do arquitecto e o traballo que realizarán tras abandonar a universidade. Quizais estas liñas supoñan o seu primeiro contacto cunhas disciplinas e uns métodos de traballo que serán os seus compañeiros para toda a vida. Pero o contido do libro pode tamén axudar e ofrecer información a todas aquelas persoas que estudan, ensinan, traballan ou investigan sobre a arquitectura. Nestas páxinas atoparán respostas a algúns interrogantes ou simplemente unha forma distinta de ver as cousas. Finalmente, este libro pode tamén servir a quen, sen ser profesionais nin ter intención de chegar a selo, senten curiosidade pola arquitectura como expresión cultural, como función social ou como técnica construtiva: en definitiva, como unha das máis evidentes formas en que unha civilización maniféstase. O libro contén doce capítulos nos que se expón, entre outras cousas, o concepto de arquitectura, o seu ensino, algúns momentos na carreira dunha estudante, as oportunidades para estudar no estranxeiro, a contorna laboral do arquitecto, o inicio do exercicio profesional, os campos de actividade, unha visión do traballo cotián, e, finalmente, o futuro da profesión. O volume péchase cuns textos históricos sobre a arquitectura, o seu ensino e o seu exercicio, e unha sucinta bibliografía."

lunes, 3 de julio de 2017

Cumplense 150 anos do nacemento de Frank Lloyd Wright




Neste ano 2017, celébrase o 150 aniversario do nacemento do arquitecto estadounidense Frank Lloyd Wright, sen dúbida o máis famoso da historia de EE.UU e un dos principais  maestros da arquitectura do século XX.
Nado en 1867 nunha zona rural de Wisconsin en pleno século XIX e falecido  no ano 1959 aos 92 anos. Esta vida tan lonxeva, a súa gran fecundide creativa, e a súa ambición permitíronlle crear estilos novos,  experimentar con novos conceptos de urbanismo, imaxinar proxectos utópicos e deixar obras tan populares como "A Casa da cascada" ou o "Museu Guggenheim de Nueva York". É máis popular entre o público en xeral que entre os seus propios colegas.

Wright acuñou o término de "arquitectura orgánica", a súa idea central consiste en que a construción debe derivarse directamente do entorno natural. desde os comenzos da súa carreira rexeita os estilos neoclasicistas e victorianos imperantes ao remate do século XIX. Sempre se opuxo a imposición de calquera estilo, convencido de que a forma de cada edificio debe estar vinculada á súa función, ao entorno e aos mateirais empregados na súa construción e combinándoos sempre dacordo coas súas posibilidades estructuráis i estéticas.

Outra das súas aportación fundamentáis á arquitectura moderna é o dominio da planta libre coa que obtén impresionantes espacios que fluen dunha estancia á outra. Esto vese moi ben nas chamadas prairie-houses nas que destacan: Martin House en Buffalo (Nueva York, 1904), Robbie House en Chicago (1909).

Foi pioneiro no uso de novas técnicas de construción bloques de hormigón armado prefabricados, a iluminación indirecta, os paneis de calefacción, innovacións no aire acondicionado. Dentro das innovacións estructuráis destacan, un sistema antisísmico desenvolvido no Hotel Imperial de Tokio. para gañar flexibilidade empregou un sistema de voladizos sostido por unha cimentación sobre leito de barro.

Entre 1909 e 1910 autoexiliose en Europa, e a súa volta á EE.UU. estableceuse en Taliesin, onde construiu a súa casa e o seu estudo- escola. Pouco a pouco foi conseguindo reconocemento internacional.

As súas obras máis emblemáticas son : Millard House en Pasadena (California, 1923), a Kaufmann House ou Casa da Cascada en Bear Run (Pennsylvania, 1937) hoxe aberta ao público, o Jhonson Wax Company Administration Building en Racine (Wisconsin, 1939),a First Unitarian Church  en Madison (Wisconsin, 1947), e o Rascaceos Price Tower de Bartlesville (Oklahoma,  1953).

No ano 1959 rematou o edificio helicoidal do Museo Guggenheim de Nova York.

Se pasades pola Biblioteca atoparedes unha selección de obras que analizan a súa produción e analizan algúns dos seus edificios.

Tamén é interesante este enlace ao artigo: 7 formas de celebrar el 150 aniversario de Frank Lloyd Wright, no blog Cosas de Arquitectos.





miércoles, 26 de abril de 2017

Xornadas do 25 aniversario de España'92


Arquitectura reflexiona nunhas xornadas sobre o 25 aniversario de España'92




 A Escola Técnica Superior de Arquitectura acolle os días 27 e 28 de abril, unhas  xornadas sobre a arquitectura derivada dos grandes eventos que se produciron en España no ano 1992.
 Neste ano 2017 conmemórase o 25 aniversario da celebración dunha serie de feitos diferenciais que tiveron lugar en 1992: a Capitalidade Cultural Europea en Madrid, a Exposición Universal en Sevilla e os Xogos Olímpicos en Barcelona. Un conxunto de actos presentado e visto no exterior das fronteiras españolas como un verdadeiro "Spanish Year", un Ano de España, de especial transcendencia no marco da arquitectura.

A súa influencia esténdese aínda agora sobre a arquitectura de Galicia, o que permite e aconsella plantexar e mesmo dedicar esta edición das Xornadas Modernidade e Contemporaneidade a analizar e revisar o legado do 92 dende a nosa Escola de Arquitectura.

As Xornadas España'92 pretenden reflexionar e recordar eses eventos plurais que, a partir de Madrid, Barcelona e Sevilla estenderon o seu influxo á totalidade do territorio e aínda a Galicia.


A reflexión arredor dese "Spanish Year" é importante non só como unha mirada ao pasado senón como unha proxección cara ao porvir. Con este obxectivo as Xornadas propostas poden ser un bo punto de arranque que pode dar lugar a toda unha serie de estudos, investigacións e simposios nos diferentes ámbitos arquitectónicos tanto do no país como internacionais.
Nestas xornadas, os arquitectos e investigadores invitados  debaterán os temas e o legado da Modernidade e as bases da Contemporaneidade da Arquitectura en Galicia, manifestando as presenzas e ausencias do legado do 92, e a visión do territorio e a identidade da Arquitectura. Rematarase cunha mesa redonda na que esperamos o aporte e intervención de todos os participantes e estudantes.

Programa:
Xoves 27 de abril 
10.00 Apertura: España 92: centros y periferias en el Spanish Year
José Ramón Alonso Pereira, coordinador grupo IALA
Cristobal Crespo González, director departamento PAUC
Antonio Maroño Cal, decano COAG
11.00 Conferencia I: Veinticinco años después: proyección y vigencia del 92
Miguel Abelleira Doldán, profesor UDC
12.30 Conferencia II: Madrid 92: una lección de arquitectura
Antonio González Capitel, catedrático UPM
16.00 Conferencia III: Barcelona 92: arquitectura y ciudad
José Ramón Alonso Pereira, catedrático UDC
17.30 Conferencia IV: Sevilla 92: exposición, arquitectura y ciudad
Víctor Pérez Escolano, catedrático US
19.00 Conferencia V: Tecnología y construcción en las arquitecturas del 92
Juan Pérez Valcárcel, catedrático UDC
20.00 Inauguración de la exposición de trabajos de alumnos
Venres 27 de abril 9.30 Conferencia VI: La dimensión territorial en la España del 92
Juan Caridad Graña, profesor UDC

10.30 Conferencia VII: Las infraestructuras del 92: escala territorial y urbana
Carlos Nárdiz Ortíz, profesor UDC
11.30 Conferencia VIII: La pequeña escala en la España 92
Antonio Río Vázquez, profesor UDC
12.30 Conferencia IX: Las publicaciones de arquitectura en la España 92
Eduardo Prieto González, profesor UPM
13.30 Debate final
14.00 Clausura


Na Biblioteca da ETSAC fixemos un centro de interese sobre estas xornadas onde podedes atopar documentos relacionados con este tema. 

martes, 28 de marzo de 2017

Álvaro Siza ingresa como membro de honra na Real Academia Galega de Belas Artes



            Álvaro Siza



Con motivo do seu nomeamento como membro de honra da Real Academia Galega de Belas Artes, na Biblioteca da ETSAC facemos unha pequena reseña da súa traxectoria profesional e da súa obra.

Nace en Matosinhos, Portugal no ano 1933. Doutor arquitecto pola Facultade  de Arquitectura de Porto, onde exerceu tamén como profesor. Así mesmo, foi Profesor visitante en universidades coma a Universidade de Pensilvania, Universidade de Harvard, Escola Politécnica de Lausanne.

Siza é un dos máis importantes e prestixiosos arquitectos contemporáneos portugueses, a súa obra desenvólvese por todo o mundo, nela demostra a preocupación polo lugar, a integración na paisaxe, a adaptación á topografía, a busca da concordancia entre o natural e o cultural, o máis importante para él é o lugar onde se vai construir o edificio e as persoas que van a usalo. Realiza proxectos de arquitectura social interesándose principalmente pola transformación do espazo urbano que o leva a construir vivendas sociais coma por exemplo en Évora, Portugal, e tamén a rehabilitación de barrios en distintas cidades europeas como Berlín, La Haya ou Lisboa.

A súa arquitectura móvese entre o local e o global e aínda que non se encuadra en nigún movemento ou escola arquitectónica, podemos encontrar referencias de Alvar Aalto, Le Corbusier ou Wright. A súa obra ten unha gran dimensión humana, preocupase por comprender e respetar as necesidades das persoas que van a usar os seus edificios, é unha obra altruista ao servizo dos habitantes. Outra das súas preocupacións é o uso de materiais autóctonos, a defensa do traballo artesán e o coidado estudo da luz.

Ao largo da súa extensa carreira foi distinguido con moitos e importantes premios coma o Premio Europeo de Arquitectura Mies van der Rohe no ano 1988, o Premio Pritzker no 1992, Riba Gold Medal no 2009, UIA Gold Medal no 2011.

As súas principais obras no noso país son o Centro Galego da Arte Contemporáneo en Santiago de Compostela, a Facultade de Cciencias da Comunicación tamén en Santigo de Compostela.

Na Biblioteca da ETSAC fixemos un centro de interés sobre Siza onde atoparedes libros, revistas e outros materiais sobre a súa obra.





viernes, 13 de mayo de 2016

Mendes da Rocha


Paulo Mendes da Rocha é un dos máis importantes e laureados arquitectos brasileiros dos nosos tempos xunto e en contraposición de Niemeyer.
Recentemente recibiu o premio León de Ouro á traxectoria e dende a biblioteca desexamos facer unha pequena lembranza da súa obra.

De pai e abós inxenieiros, que di que o influiron moi positivamente á hora de exercer á súa profesión, cursou estudos de arquitectura en Sao Paulo. Sería precisamente alí onde coincidiría co nacemento da Escola Brutalista Paulista ( http://www.jbono.es/filter/urbanismo/Escuela-Paulista-Brutalismo-en-Brasil
) liderada por Artigas, á que seguiría e pola cal comezaría a situarse na vangarda arquitectónica do seu país.

Nos anos sesenta comezaría á súa etapa docente, que tería que deixar de lado polo golpe de estado militar, e voltaría a ela xa nos años 80. Irónicamente se trataría dun dos seus periodos máis fructíferos en canto á práctica arquitectónica.

Case toda a súa obra se atopa en Brasil, como o Centro Cultural Fiesp (http://www.fiesp.com.br/centro-cultural-fiesp-ruth-cardoso/ ), o Museo Brasileiro de Escultura (http://catalogo.artium.org/dossieres/exposiciones/premios-pritzker-viaje-por-la-arquitectura-contemporanea/obra-seleccionada-20 ) ou a súa propia casa (http://catalogo.artium.org/dossieres/exposiciones/premios-pritzker-viaje-por-la-arquitectura-contemporanea/casa-en-butanta-1967), coa que pretendía experimentar con materiais e demostrar que era posible unha forma diferente de facer arquitectura.

Moi ligado ó papel social da arquitectura e á responsabilidade que implica a creación de edificios, levou a cabo todo tipo de obras. Trata sempre de atopar unha síntese entre utilidade e beleza. Unha visión moi pragmática da disciplina. Ó mesmo tempo posiciónase en contra dos arquitectos estrela xa que considera que o importante é o edificio e as persoas, non o que o deseña. Igualmente aboga porque a arquitectura “sexa oportuna, pois a cidade fórmana as casas e non os monumentos”.

Ó longo de toda a súa carreira gañou numerosos concursos públicos no seu país e recibiu varios premios entre os que conta o Mies van der Rohe de Arquitectura Latinoamericana de 2000, polo proxecto de restauración  da Pinacoteca do Estado de Sao Paulo, e o Pritzker en 2006.


Se vos pasades pola biblioteca atoparedes unha selección de algunas obras que analizan a súa producción e varias revistas nas que se fan análises de algún dos seus edificios en concreto. A destacar a súa “Obra completa” (72 Mendes da Rocha PIS) na que se fai unha análise completa da súa traxectoria e vale a pena darlle un repaso e o monográfico de  AV Monografías (72 Mendes da Rocha AVM).

jueves, 5 de mayo de 2016

Sempre SEMPER


Arquitecto e teórico alemán nado en Hamburgo en 1803. Non sempre tivo en mente esta disciplina. Nos seus primeiros anos como estudante, adicouse de maneira desordeada ás matemáticas e á estatística, para logo buscar traballo como inxeniero. A vida disoluta desta etapa (alcohol, xogo, duelos) imposibilitoulle centrarse e obligouno a cambiar de cidade en varias ocasións.
Non sería ata 1829 que se empregaría por primeira vez coma arquitecto, xa en París. Serían tempos revoltos cheos de debates animados sobre cuestións técnicas (fascináballe especialmente o tema sobre a policromía das obras da antiguidade clásica) e cando nacerían nel os ideais republicanos que tristemente xogarían na súa contra anos máis tarde.
Seguidamente adscribiríase ó corpo diplomático, o que lle permitiu viaxar a Grecia e Roma e, de paso, realizar investigacións arqueolóxicas. As súas publicacións sobre a policromía derivadas de ditas investigacións foron determinantes para que en 1834 lle ofreceran unha cátedra na Academia de arte de Dresde.
A partir deste momento, ó mesmo tempo que impartía clases, comezaría unha escintilante carreira como arquitecto. Ó teatro da Corte desta cidade seguiríanlle outras moitas construccións que levarían a consideralo á xove promesa da arquitectura alemá. Participaría además activamente da vida artística de Dresde, frecuentando espcialmente músicos como Weber, Shumann ou Wagner. Precisamente estivo moi vinculado a este último durante gran parte da súa vida. As súas primeiras grandes obras, O holandés errante e Tannhäuser, foron estreadas no Teatro que deseñara Semper.   
No 1848 sucedéronse as revoltas en Europa. Semper aliouse cos republicanos e viuse obligado a fuxir do país e rematar como refuxiado en París e logo en Londres. Durante os anos seguintes adicaríase á investigación e a teorización. Precisamente neste momento publicaría unha das súas obras máis coñecidas: “Os catro elementos da arquitectura”, na que teoriza sobre a arquitectura dende unha perspectiva antropolóxica. Semper considera dous grupos primordiais: o lume, como unha analoxía do fogar; os elementos que protexen ó lume (e por tanto ó fogar) dos elementos externos. A súa análise parte dunha cabana primixenia, primitiva e vai deconstruindo os seus elementos no básico, tendo moi en conta as razóns da súa orixe e a utilidade.
En 1859 trasladaríase a Zurich, onde ensinaría arquitectura no Politécnico Federal e redactaría os dous tomos da súa obra  monumental “O estilo nas artes técnicas e tectónicas”. Nesta época final voltaría a construir, destacando a súa participación no deseño dun grupo monumental ó largo da Ringstrasse de Viena.
Semper morrería en Roma en 1879 como unha gran figura teórica. De lectura densa, ó mesmo tempo abre a mente a un pensamento diferente e práctico, a unha visión analítica de porqué as cousas son como son. Cabe mencionar a súa contraposición a Vitrubio. Mentres que o mestre clásico destacaba os elementos artísticos da arquitectura, Semper consideraba máis importante o propio feito da construcción, visión que contradicía totalmente a monumentalidade que ata ese momento se cultivara. Nos países anglosaxóns foi un importante referente que condicionou a maneira de ver o espacio, algo que queda latente nas obras da primeira metade do século XX.

Para saber máis:
  • “Escritos fundamentales de Gottfried Semper”. Antoloxía dos seus escritos máis destacados como “Los cuatro elementos de la Arquitectura”, “Teoría de la belleza formal” e outor. ( Signatura: 74 SEPO)
  • “Semper: el estilo”. Edición monumental, anotada e ampliada do clásico tratado de estética  “El estilo en las artes técnicas o tectónicas, o, Estética práctica y textos complementarios”. Inclúe numerosas nota e ilustracións non engadidas na edición orixinal pero que aportan unha visión máis completa da obra, así como textos doutros autores e materiais relacionados cos temas que comenta Semper. (Signatura: 74 SEPE)
  • Gottfried Semper: architect of the nineteenth century. Extenso estudo da traxectoria vital e profesional do arquitecto. Inclúe numerosas ilustracións e biblografía.  (Signatura: 72 Semper MAL)
  • Gottfried Semper: architettura e teoria. Obra mais modesta que repasa a vida de Semper e analiza a súa teoría estética ( 72 Semper HER)