Coa exposición que
inauguramos hoxe na Biblioteca pretendemos mostrar unha pequena xoia Wasmuth
portfolio ,que forma parte do noso fondo ,sobre a obra do arquitecto estadounidense
Frank Lloyd Wright (1867-1959).
Titulado Ausgeführte Bauten und Entwürfe
von Frank Lloyd Wright, foi publicado en Alemania en 1911 Contiña planos e
perspectivas de edificios do periodo 1895-1910. Foi a primeira publicación da
obra de Wright que aparecía en calquera parte do mundo, xa que Wright non
publicara nada sobre as súas obras ata o momento, e era un xeito de presentarse ante o mundo
Biografía
Frank LLoyd Wright Naceu
o 8 de xuño de 1867 en Richland Center(Wisconsin). Estudou enxeñería civil na
Universidade de Wisconsin e en 1887 viaxou a Chicago para traballar como
debuxante no estudo de Adler and Sullivan. Un dos socios desta compañía, LouisHenri Sullivan, exerceu unha importante influencia na obra de Wright, que
sempre lle considerou o seu mestre.
En 1893
abriu o seu propio estudo de arquitectura en Chicago.
Wright acuñou o término
de arquitectura orgánica, cuxa idea central consiste en que a construción debe
derivarse directamente da contorna natural. Desde os inicios da súa carreira
rexeitou os estilos neoclasicistas e victorianos que imperaban a finais do
século XIX. Sempre se opuxo á imposición de calquera estilo, convencido como
estaba de que a forma de cada edificio debe estar vinculada á súa función, a
contorna e os materiais empregados na súa construción. Este último sempre foi
un dos aspectos onde demostrou maior maestría, combinando con intelixencia
todos os materiais de acordo coas súas posibilidades estructurales e estéticas.
Outra das súas achegas fundamentais á arquitectura moderna foi o dominio da
planta libre, coa que obtivo impresionantes espazos que flúen dunha estancia a
outra. Este concepto é evidente nas chamadas prairie-houses (casas da pradera),
entre as que destacan a Martin House en Buffalo (Nova York, 1904), a Coonley
House en Riverside (Illinois, 1908) e a Robie House en Chicago (1909). Wright
foi o pionero na utilización de novas técnicas constructivas, como os bloques
de hormigón armado prefabricados e as innovacións no campo do aire
acondicionado,
a iluminación indirecta e os paneles de calefacción.
No hay comentarios:
Publicar un comentario