Este venres 19 ás 12 da
mañá celebrarase na nosa escola un acto xunto con algúns dos gañadores do
EUROPAN 13 que estudiaron na nosa escola. Debemos salientar ademáis que unha
parte importante dos gañadores de esta edición son españois como se pode
observar na lista oficial polo que podemos estar satisfeitos.
EUROPAN é un importante
concurso de ideas que se celebra cada dous anos. Dirixese á promoción de xoves
arquitectos (menores de 40 años) europeos (tanto a tipo individual como en
equipo) e pretende traballar os temas do urbanismo e a paisaxe dentro do ámbito
da arquitectura.
EUROPAN organízase a
modo de federación de asociacións no ámbito europeo. Cada un dos países
participantes conta cunha representación nacional (a correspondente
asociación), encargada da organización do concurso no seu territorio. Dita
asociación coordinarase posteriormente co resto para a toma de decisións
globais.
Para cada edición
elixese un tema a nivel europeo (no caso do EUROPAN 13 tratábase de “A cidade
adaptable: auto-organización - compartir - proxecto (proceso)”) e varios
subtemas máis específicos. Ó mesmo tempo, tras unhas xornadas de propostas
previas, cada asociación nacional anuncia os diversos emplazamentos elixidos
correspondentes a cidades do país que representan. Nesta edición precisamente
un dos emprazamentos elixidos foi a costa da Coruña na parte das Xubias e O
Pasaxe.
Cada país ten un xurado
propio, composto por representación nacional e internacional e poden ser
premiados proxectos que coincidan nos mesmos emprazamentes. Os gañadores
dividense entre primeiros e segundos premios, dotados de 12.000 e 6.000 €
respectivamente. Ademáis, dáse a posibilidade de que podan ver realizada a súa
obra, polo que en todo o proceso EUROPAN estará en contacto coas diversas
administracións nacionais e locais encargadas de por en marcha a inciativa.
Para rematar, recalcar
entre os obxectivos do EUROPAN os seguintes:
- profundizar
no coñecemento e na investigación no campo do hábitat e do urbanismo.
- intercambiar
coñecementos entre profesionais europeos.
- fomentar
a innovación e o debate.
- axudar
a impulsar as carreiras profesionais de arquitectos que están comezando.
- recapacitar
sobre solucións urbanísticas baixo diversos puntos de vista.
- promocionar
os proxectos premiados.
- colaborar
coas administraciones públicas para mellorar o desarrollo urbán das súas
cidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario