lunes, 18 de octubre de 2010

Robie house

Xa temos no hall de exposicións da ETSAC dende hoxe, a exposición que conmemora os cen anos da construción dunha das vivendas máis recoñecidas de Frank Lloyd Wright, a casa para o enxeñeiro Frederick C. Robie en Chicago. Unha vivenda que se convertería no paradigma das Prairie Houses, termo acuñado polo arquitecto que reflicte a súa intención de vincular as construcións ao medio físico onde se emprazan.

O mércores 20 de outubro, ás 13 horas, no salón de actos da ETSAC, celebrarase unha mesa redonda cos profesores que participaron na exposición.

No hay comentarios: