jueves, 14 de octubre de 2010

Entreculturas

No verán a Vicerreitoría de Cultura e Comunicación da Universidade da Coruña, convocou un concurso fotográfico que tiña como tema a interculturalidade e identidade multicultural con motivo da celebración do Ano Internacional do Achegamento das Culturas
As fotografías que se presentan nesta exposición son o resultado dunha selección que constitúen unha mostra ecléctica e plural, tanto a nivel conceptual como técnico, da visión que os membros da comunidade universitaria da UDC teñen sobre a temática presentada.
Podese visitar do 11 de outubro-30 de novembro de 2010 no Pavillón de Estudantes, Campus de Elviña.

No hay comentarios: