lunes, 9 de noviembre de 2009

Deseño finlandés

Madrid acolle distintas solucións de deseño finlandés para un futuro máis racional. Na Politécnica de Madrid pódese ver a mostra Wood Works, feita por estudantes da Universidade Tecnolóxica de Helsinki, na que amosan como construir en madeira a arquitectura do futuro. No Círculo de Bellas Artes, a mostra Otto, entre o deseño e a arte.
A pegada de Alvar Aalto deixase ver nas mesas da arquitecta Kirsi Gullichsen para Habitek, nas vivendas que os estudos A-Piste e Archeus fixeron no arquipélago de Inkoo e nun barrio de Espoo, e sobre todo na idea de proponer sen destruir. ë unha vanguardia que busca mellorar a calidade de vida sen estridencias.

No hay comentarios: