lunes, 9 de noviembre de 2009

Atlas da arquitectura mundial do século XXI

A editorial Phaidon ven de editar un libro no que centos de edificios, arquitectos, imaxes, mapas, deseños, etc. reflicten a creatividade e o desenvolvemento da arquitectura do século XXI. O "Atlas Phaidon de Arquitectura mundial del siglo XXI", como xa fixo fai 10 anos co seu "Atlas of Contemporary World Architecture", xunta máis dun millar de proxectos construídos dende o ano 2000, e figuran tres en Galicia. A sede coruñesa da Fundacion Caixa Galicia, de Nicholas Grimshaw, a praza e os edificios do campus da Universidade de Vigo executados por Enric Miralles e a delegación galega da SGAE en Santiago de Compostela, de Ensamble Estudio.
O Atlas contén mapas exclusivos e datos gráficos recompilados por unha equipa da London School of Economics.

No hay comentarios: