miércoles, 9 de noviembre de 2011

Rui Chafes. Campo de sombras

Esta exposición que podemos ver na Fundación Luís Seoane ata o 15 de xaneiro de 2012 constitúe a primeira exposición individual institucional do artista portugués Rui Chafes en España, un proxecto expositivo que presenta algunhas das súas obras máis significativas dos últimos dez anos. Co ferro pintado de negro ou cinza como material exclusivo dos seus traballos, Rui Chafes defende unha actitude moi persoal e orixinal de concibir a escultura, ensaiando formas que se moven entre o figurativo e o abstracto, estruturas de aspecto cortante, cunha singular poesía.


Tamén a Fundación Luís Seoane promove de novo un curso de aproximación á arte contemporánea e actual. Toda a información pódese consultar na súa páxina web.

No hay comentarios: