Este martes 25 de Xaneiro terá lugar na nosa Escola unha xornada de intercambio de coñecemento no que alumnos e profesores da Architectural Association de Londres compartirán as súas experiencias e achados máis recentes cos seus homólogos da ETSAC.
Como parte das actividades, impartirase unha conferencia na que se mostrarán os primeiros resultados dunha investigación sobre o funcionamento ambiental de edificios residenciais. Esta investigación céntrase na análise de distintas respostas tipológicas ao tema da vivenda e como o deseño arquitectónico condiciona o seu comportamento climático e funcional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario