jueves, 9 de diciembre de 2010

Novas conversas con Atlante

No Aquarium Finisterrae da Coruña e ata o 17 de xaneiro podemos ver, dentro da programación do Outono fotográfico 2010, unha exposición na que fotógrafos galegos tentan recoller os cambios sufridos na relación co Océano atlántico despois da traxedia do afundimento do petroleiro Prestige.
Fotografías de Xosé Abad, Miguel Harguindey, Xacobe Meléndrez (comisario da mostra), Sandra Rey, Paco Rocha e Xosé Tiega.

No hay comentarios: