Estes días inaugurouse na nosa Escola unha exposición itinerante de fotografía e debuxo que rende homenaxe á obra dun dos creadores máis influentes na arquitectura e o urbanismo do século XX. Na década dos noventa, un grupo de arquitectos viaxou ata a India para estudar a obra de Le Corbusier, tanto en Chandigarh como na cidade de Ahmenabad. As anotacións, os debuxos e as fotografías que realizaron dous dos integrantes do grupo, Enric Miralles e Elías Torres, conforman o núcleo desta exposición.
Pode verse o dossier da mesma na web da Escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario