A Escola e a Delegación da Coruña do COAG acollen esta exposición, a cal ofrece unha mostra da arquitectura que se proxecta hoxe en Cataluña. Tratase da obra de 10 talleres de arquitectos entre 30 e 40 anos que presentan unha concepción e aproximación á arquitectura comúns, configurando unha identidade singularizada, capaz de responder aos retos actuais da arquitectura global a partir de trazos específicos locais propios do seu territorio e cultura.
A exposición poderase visitar do 19 de novembro ao 2 de decembro na nosa Escola, e posteriormente instalarase na Sala de Arquitectura da Delegación da Coruña do COAG do 3 ao 24 de decembro. No marco desta mostra celebrarase unha xornada de 10 conferencias a cargo dos arquitectos cataláns e un encontro-debate presentado polos arquitectos e críticos de arquitectura Carlos Quintáns e Carlos Pita (2 de decembro, COAG), así como un programa de intercambio con arquitectos xoves galegos e visitas ás súas obras, coordinado polo arquitecto Alberte Pérez (3 e 4 de decembro, COAG).
No hay comentarios:
Publicar un comentario