miércoles, 22 de septiembre de 2010

Proxectoterra

A delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou o pasado 9 de setembro o décimo aniversario de Proxectoterra. Con motivo desta efeméride, inaugurouse na súa sede da rúa Federico Tapia, unha exposición conmemorativa que poderá ser visitada ata o día 29 de setembro.
Na súa web podese facer unha visita virtual á exposición ademáis de ver outras novas interesantes sobre este proxecto o cal busca mellorar o coñecemento que os escolares deben ter da nosa arquitectura.

No hay comentarios: