O Premio deste ano foi outorgado a José Carlos Seoane González, pola súa obra situada na urbanización As Galeras, en Liáns (Oleiros). O xurado destacou a complexa integración da casa no espazo no que se sitúa: un solar en descenso cara ao mar, cunha extraordinaria vista sobre a bahía da Coruña e con importantes limitacións de normativa local e de costas.
O xurado tamén entregou un accésit aos arquitectos José Luís Quintela Porro e Mónica Díaz Rodríguez polo seu proxecto realizado no Quinteiro (Nigrán).
No hay comentarios:
Publicar un comentario