Para este fin de semana vos propoñemos visitar a exposición "Postgrafitti, xeometría e abstracción" que estará ata o 27 de xuño na sede da Fundación Caixa Galicia na Coruña.
Esta exposición centra a mirada na abstracción e a xeometría presentes no actual postgraffiti, unha forma de arte urbana que abarca novos conceptos e que gañou numerosos adeptos nos últimos anos. Esta será a primeira dunha serie de exposicións para estudar pormenorizadamente as diferentes formas, épocas e tendencias da arte na rúa.Serviranos para descubrir o que esconde o Museo de Arte Urbana, M.U.A.U.
No hay comentarios:
Publicar un comentario