O sábado 8 de maio inaugurase o que será o primeiro gran festival artístico creado dende a sociedade e para a sociedade na Coruña. Nel participarán máis de 100 artistas, de balde, co obxetivo de achegar a arte á rúa e de buscar novos espazos públicos para a arte, dando novos usos a algúns xa existentes, así como dinamizar económicamente o barrio das Conchiñas-Agra, zona importante da cidade que se está vendo afectada pola crise.
Durante case un mes haberá exposicións en establecementos, concertos, recitais poéticos, teatro na rúa, xogos infantís, obradoiros artísticos gratuítos, proxeccións, presentacións de fanzines, contacontos, performances...
O Paralelo 43º 21´45´´ A Coruña, organizado por arTeu, BGR e 5célula arte + comunidad é a continuación do diálogo arte-sociedade que desde arTeu iniciouse no pasado Nadal en Cambre e a súa extensión a outras comunidades.
Detrás deste festival está o intenso traballo dos tres colectivos que organizan o festival, o apoio do Concello da Coruña e a ilusión de moita xente que participa (organización, artistas e establecementos), nunha colaboración desinteresada.
Esperamos tamén que este festival poda axudar a aumentar a visibilidade deste barrio coruñés cheo de xente afable e traballadora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario