O colectivo Arteu achega á vida cotián dos cambreses a arte. Ferraxarías, peixarías, farmacias, restaurantes, ...amosan a obra de 20 artistas nos locais máis frecuentados pola xente, cada vez máis reacia a entrar nas galerías e museos.
Os gravados de Inma Doval mestúranse có peixe e o marisco do Fresquiño; os videos de Elizabeth Ross, cós electrodomésticos de Vila de Cambre; as fotografías de Vanesa Rábade, cós zapatos de Zeltia; e as pinturas de José Luis García, coas máquinas da ferraxaría Jorge Vila.
En Casa Alfredo, en Cecebre, conviven as fotografías de Xacobe Meléndrez, a pintura de Juan Ondategui e a escultura de Mercedes Molares.
O colectivo tamén aposta polos novos valores da arte. Na libraría O Cruceiro expoñen duas cambresas de 16 anos, Uxía Larrosa e Xulia Vicente Jiménez, con debuxo manga e banda deseñada.
Omar Kessel, Manoel Bonabal, Suso Cubeiro, Ariel Kofman, Rubén Fenice, Nacho Bahamonde, Katús Otero, Begoña Pastoriza, Miguel Melero, Ali Ali e Rubén Mariño completan o plantel de artistas vinculados con este proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario