martes, 24 de noviembre de 2009

Lignum Fácile

A iniciativa lignum facile, do Clúster da Madeira de Galicia, acaba de activar na rede o espazo arquitectura e madeira, que recolle obras arquitectónicas de referencia nas que a madeira xoga un papel singular. Trátase dun espazo orientado a dotar aos profesionais implicados na creación construtiva dunha guía sobre todos os aspectos relacionados co uso da madeira como material de construción e creación.
Este proxecto executárono, en colaboración con lignum facile, dous prestixiosos arquitectos galegos e profesores desta Escola, Carlos Quintáns e Carlos Pita.

No hay comentarios: