jueves, 8 de mayo de 2008

Conferencias no Museo de Belas Artes

No contexto da exposición "Dúas arquitecturas alemás 1949-1989", aberta ao público no Museo de Belas Artes da Coruña, organizáronse para os días 8 e 9 de maio, unha serie de conferencias cuxo tema central será o da "Herdanza da modernidade". Especialistas alemáns e españois debaterán durante dúas xornadas sobre cuestións craves para entender as nosas cidades de hoxe.

No hay comentarios: