viernes, 1 de junio de 2007

últimas adquisicións na Biblioteca

entre as últimas obras recibidas e a disposión dos usuarios están:
A obra de Gombrich, Hochberg e M. Black, "Arte, percepción y realidad" na que os autores examinan, a través de tres ensaios o problema da percepción das imaxes utilizando tres enfoques diferentes: historia e psicoloxía da arte, filosofía e psicoloxía.
Unha nova edición da obra editada cada ano polo Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Guadalajara, Precio de la construcción centro 2007.
Unha publicación sobre a obra de Eiko Ishioka, deseñador chinés famoso entre outros deseños polo do vestuario e decorados da película "Drácula" de Bram Stoker.
Por último destacar outra obra chegada recentemente, esta vez é sobre as termas de Zumthor en Vals (Suiza), Peter Zumthor Therme Vals, unha magnífica publicación con planos, alzados, bocetos, croquis e fotos das termas.

No hay comentarios: