miércoles, 21 de marzo de 2007

TRABALLAR AO LÍMITE

A Escola de Arquitectura da Coruña e a Fundación Caja de Arquitectos presentan a exposición TRABALLAR AO LÍMITE que se mostrará na sala de Exposicións da referida Escola dende o vindeiro 22 de marzo ao 20 de abril.
Esta exposición recolle os traballos premiados no concurso para estudiantes de escolas de arquitectura, convocado en 2006 pola Caja de Arquitectos baixo o argumento "Traballar ao límite" e que tiña como premio o finciamento de 20 bolsas destinadas á realización de prácticas en recoñecidos estudios europeos de Arquitectura.
A convocatoria deste ano está aínda aberta e as bases poden consultarse en www.arquia.es Nesta edición o concurso ten como obxecto a reconstrucción dun edificio residencial destruído polo exército israelí nun barrio residencial de Beirut.

No hay comentarios: