martes, 16 de enero de 2007

O mundo de Hidacio de Chaves

O post de hoxe é de novo para anunciar outra nova do noso compañeiro da Biblioteca César Candelas, a publicación do seu último libro, "O mundo de Hidacio de Chaves", sobre o bispo de Chaves do século V, Hidacio, tema sobre o que versou a súa tese doutoral e sobre o que ten publicados numerosos artigos. O libro está publicado pola Universidade de Santiago de Compostela. Esta vez non é sobre urbanismo nin arquitectura, pero é interesante para coñecer a situación histórica, xeográfica, política e social da Gallaecia do século V.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas, Inma, por louvar o meu libro coa túa acostumada obxectividade.
Sen coñas, moitas grazas.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Noraboa. Agora haberá que lelo, non sí? Con ese nome sería unha boa fichaxe para o Athletic.