Dende o día 2 de xaneiro temos unha nova compañeira, Débora, auxiliar de biblioteca en quenda de tarde, claro que tamén temos unha menos, María, que cesou o 22 de decembro. Terminaremos afacéndonos a este vaivén de persoal que caracteriza a nosa biblioteca.
Hoxe tamén comezaron os novos bolseiros, que traballaron toda a tarde ata deixar o fondo ben ordenado, contamos coa colaboración de todos e todas para mantelo así. Benvidos Kiko, Lara, Olalla, Lucía e Yoni.
No hay comentarios:
Publicar un comentario