A UDC mercou o programa de xestión de referencias bibliográficas RefWorks co que podes:
- Crear unha base de datos persoal en liña
- Importar referencias desde bases de datos, catálogos de bibliotecas, etc.
- Editar, organizar e buscar rexistros na súa base de datos persoal.
- Formatear bibliografías e documentos con diferentes formatos (Vancouver, MLA, APA).
- Crear a túa propia bibliogáfía a partir dunha lista de referencias ou dun manuscrito.
Antes de comezar consulta a Guía en pdf. Tamén podes asistir a unha formación sobre iste Xertor que terá lugar no novo edificio Xoana Capdeville no Campus de Elviña, o día 28 de novembro de 11 a 13 horas.
2 comentarios:
Una pregunta... ¿Es necesario apuntarse antes para asistir?
Non é preciso anotarse, polo menos non consta na convocatoria que nos enviaron. Se temos noticia do contrario engadiríamos outro post.
Un saúdo
Publicar un comentario