martes, 7 de marzo de 2006
REPOSITORIO DIXITAL DA UDC
A UDC conta cun repositorio dixital, UDCDspace no que se pode acceder o texto completo de publicacións dos investigadores da nosa Universidade. É un sistema que proporciona de xeito estable e seguro a preservación de documentos dixitais produto da actividade científica e institucional da UDC, e facilita a súa accesibilidade en Internet. Se es investigador podes, facilmente, publicar os teus traballos de investigación co que conseguirás: maior visibilidade dos teus traballos, maior factor de impacto, protección, unha URL persistente, menos traballo en webs persoais e rapidez de difusión. Actualmente no ámbito nacional unicamente teñen repositorios dixitais Universidades Catalanas , UCM e UDC.
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
1 comentario:
os departamentos da facultade de aruitectura teñen 0 documentos... felicidades á ETSA, segue sendo exemplo de bo facer académico...
Publicar un comentario