martes, 5 de abril de 2016

Zaha Hadid

O pasado 31 de marzo finou a recoñecida arquitecta anglo-iraquí Zaha Hadid. Hadid foi unha figura aclamada e polémica a partes iguais. As súas construccións grandilocuentes e angulosas non foron sempre ben acollidas por parte da crítica profesional. Con todo, é indudable a súa importancia no panorama da arquitectura internacional, como así o demostran os numerosos premios cos que se honrou o seu traballo ó longo da súa dilatada carreira. Entre eles, o premio Pritzker que recibiu en 2004.

Dende a biblioteca desexamos facerlle unha homenaxe bibliográfica a través dalgúns libros adicados á súa obra que se atopan entre os nosos fondos:

  • Architecture of Zaha Hadid in photographs by Helene Binet. Selección de fotografías dalgunhas obras arquitectónicas dende unha particular perspectiva. En branco e negro, a fotógrafa xoga coas luces, sombras e volumes, agrandando o espacio e dotándoo de múltiples significados.
  • Arquitektur / Arquitecture. Obra bilingüe (alemán e inglés) que fai unha análise dos proxectos máis destacados, así como da súa propia filosofía de deseño (“Se hai 360 grados, cómo limitarse a un só").
  • El Croquis (monográficos). Tres retrospectivas que cobren os periodos de 1983 a 1991, 1983 a 1995 e 1983 a 2004 e inclúen entrevistas a Hadid, maquetas, conceptualizacións e deseños dos desenvolvementos dos proxectos.
  • The End of Architecture Nesta obra diversos profesionais, entre eles Hadid, aportan a súa visión sobre o futuro desenvolvemento da arquitectura e pretenden aportar ideas do que está por vir. Aínda que se trata de unha obra antiga (1992) é interesante de cara a comparar as posturas que se tiñan nese momento e ata qué punto coinciden coa realidade final.

  • New Architecture 08/09 Innovation. Recopilación que destaca os proxectos rematados, tanto no seu exterior como no interior.
  • Space for art.Monográfico adicado ó desenvolvemente do Contemporary Arts Center de Cincinnati. Inclúense mostras de todo o proceso de deseño, dende os estudos volúmetricos, ata as fotografías do edificio xa rematado
  • Tashen. Complete works 1979-2009. Edición de gran formato, moi coidada na forma, que percorre a totalidade da traxectoria profesional da arquitecta. A recopilación definitiva ata o 2009.
  • Tendenze dell’achitettura europea. Gli anni novanta. Entre as edificacións referidas neste libro, destacamos a estación de Bombeiros de Vitra, primeira obra de deseño internacional de Hadid.
  • Thames & Hudson. Zaha Hadid complete works. Interesante antoloxía composta por catro volumes que resultan unha panorámica da súa actividade profesional: Major and recent works; Process Sketches and Drawings; Texts and References;  e  Projects Documentation.
  • Top arquitectos del mundo. Análise dalgúns dos arquitectos máis importantes do mundo con vistas ó século XXI. Entre eles, Hadid.
  • Total_Fluidity. Compendio dos proxectos do Studio Zaha Hadid presentados entre os anos 2000 e 2010 para as diversas master class impartidas na Academia de Artes Aplicadas de Viena.
  • Visiones para Madrid. Recopilación de ideas arquitectónicas con base na cidade de Madrid. Hadid ofrece a súa propia visión acerca de unha aproximación diferente para a rúa da Castellana e a M-30.
  • Zaha Hadid. Guggenheim Museum. Catálogo da exposición que o Guggenheim de Nova York lle adicou polos seus 30 anos de carreira. Comprende dende as pinturas resultado da coidada plasmación dos seus deseños, ata as fotos das edificacións xa construidas.
  • Zaha Hadid. Recent project. Obra bilingüe (inglés e xaponés) que recopila de novo a producción da arquitecta. A destacar as imaxes dos proceso de construcción dos edificios, así como as vistas dos planos de cada un deles.

No hay comentarios: