viernes, 11 de marzo de 2016

Fetsac 2016

Este ano a escola cumpre 40 anos, e que mellor xeito de celebralo que coa  tradicional FETSAC  . Precisamente, para conmemoralo, a FETSAC 16 titúlase "A crise dos corenta" 

Desde o 14 ata o 17 de marzo gozaremos dunha serie de actividades e conferencias a cargo de diversos invitados e colaboradores da propia escola. Entre eles atoparémonos a: 

Maio 
Estudo barcelonés fundado en 2005 e dirixido por María Charneco, Alfredo Lérida, Guillermo López e Anna Puigjaner. Principalmente dedícanse ao traballo con sistemas flexibles, aínda que os seus compoñentes tamén desenvolven actividades nos ámbitos da edición ou a docencia. recibiron varios premios e foron finalistas noutros tantos, os máis recentes o FAD 2013 da opinión (interiorismo) ou como finalistas na XII Beau de Arquitectura Española. Serán os encargados da primeira conferencia o día 14, titulada "Ni aquí ni ahora" 

Antonio Giráldez -
Antigo alumno da nosa escola, especializado na rama de Teoría e Deseño. Coautor do proxecto ganador do premio Isover Multi-Comfort House en 2012, publicou en publicacións electrónicas como Veredes , ou Bartlebooth  , da que é ademais creador e editor xunto a outros tantos compañeiros. Ofreceranos a conferencia " Espacialidades en disputa" e guiaranos a través do taller express "Accións de disidencia, axentes provocadores e protocolos de hackeado"


H-Arquitectes 
Estudo fundado en 2000 en Sabadell e dirixido por David Lorente Ibáñez, Josep Ricart Ulldemolins, Xavier Ros Majó e Roger Tudó Galí, dedicados eventualmente á docencia ademais da práctica profesional. H-arquitectes cultiva unha arquitectura austera, consciente, responsable. Recibiron varios premios nos últimos anos, como o Sacyr innovación 2012 ou o AJAC 2012. Tráennos a conferencia "La naturaleza del edificio"

Yolanda Pérez 
Doctorada en Historia da arte pola USC, forma parte do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP) do Departamento de Composición da nosa Escola. Está especializada en temas relacionados coa arquitectura, o pensamento e a cultura contemporánea. Poderemos gozar con ela da conferencia "Corenta (e pico) anos non é nada. Da praia baixo empédrelos á praia sobre o muro de Gaza". 

Curro Claret 
Desde 1998 diseñador industrial freelance, as súas obras ofrecen unha visión diferente e alternativa, relacionadas tamén co deseño responsable e solidario (como é o caso do seu Taburete 3000, Premio da Convocatoria de ideas para a Creación de Deseños Contra a Pobreza e a Exclusión Social do Ministerio de Cultura, 2010. En ocasións exerce de docente en Elisava. A conferencia que nos trae titúlase "Sobre la importancia de jugarsela un poco y cagarla", así como o taller express "La pieza". 

Adolfo Estalella 
Antropólogo e investigador no CSIC. En colaboración con outros compañeiros desenvolve o proxecto digital Prototyping  Autor de numerosos artigos en variadas publicacións e libros. A súa relación coa arquitectura vén do interese que lle suscitan as  infraestructuras materiais que son mobilizadas para re-amueblar o espazo público. Estará a cargo da conferencia "Auto-instrución: cidade, documentación e arquivo". 

Uriel Fogué de Elii
Titulado pola ETSAM, desde o 2005 é profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Cidade e Territorio na Escola Superior de Arte e Arquitectura, aínda que colaborou tamén con outros centros. Participa en diversos grupos de investigación, edición e comunicación. Ademais é socio fundador de Elii, oficina de arquitectura que desde 2006 realiza traballos en ámbitos públicos e privados. A súa conferencia "Delfines, Caribe" pechará este ciclo de conferencias. 

E entre conferencia e conferencia talleres express, o debate "O niño baleiro", DJ set, xogos comida e fin de festa de ruta por Orillamar. ¡Non volo podedes perder!

Para saber máis, si pasádesvos pola biblioteca poderedes oxear unha pequena selección de publicacións relacionadas coas obras dalgúns dos ponentes anteriormente mencionados.


No hay comentarios: