jueves, 18 de febrero de 2016

EUROPAN 13

Este venres 19 ás 12 da mañá celebrarase na nosa escola un acto  xunto con algúns dos gañadores do EUROPAN 13 que estudiaron na nosa escola. Debemos salientar ademáis que unha parte importante dos gañadores de esta edición son españois como se pode observar na lista oficial  polo que podemos estar satisfeitos.

EUROPAN é un importante concurso de ideas que se celebra cada dous anos. Dirixese á promoción de xoves arquitectos (menores de 40 años) europeos (tanto a tipo individual como en equipo) e pretende traballar os temas do urbanismo e a paisaxe dentro do ámbito da arquitectura.

EUROPAN organízase a modo de federación de asociacións no ámbito europeo. Cada un dos países participantes conta cunha representación nacional (a correspondente asociación), encargada da organización do concurso no seu territorio. Dita asociación coordinarase posteriormente co resto para a toma de decisións globais.


Para cada edición elixese un tema a nivel europeo (no caso do EUROPAN 13 tratábase de “A cidade adaptable: auto-organización - compartir - proxecto (proceso)”) e varios subtemas máis específicos. Ó mesmo tempo, tras unhas xornadas de propostas previas, cada asociación nacional anuncia os diversos emplazamentos elixidos correspondentes a cidades do país que representan. Nesta edición precisamente un dos emprazamentos elixidos foi a costa da Coruña na parte das Xubias e O Pasaxe.

Cada país ten un xurado propio, composto por representación nacional e internacional e poden ser premiados proxectos que coincidan nos mesmos emprazamentes. Os gañadores dividense entre primeiros e segundos premios, dotados de 12.000 e 6.000 € respectivamente. Ademáis, dáse a posibilidade de que podan ver realizada a súa obra, polo que en todo o proceso EUROPAN estará en contacto coas diversas administracións nacionais e locais encargadas de por en marcha a inciativa.

Para rematar, recalcar entre os obxectivos do EUROPAN os seguintes:
  • profundizar no coñecemento e na investigación no campo do hábitat e do urbanismo.
  • intercambiar coñecementos entre profesionais europeos.
  • fomentar a innovación e o debate.
  • axudar a impulsar as carreiras profesionais de arquitectos que están comezando.
  • recapacitar sobre solucións urbanísticas baixo diversos puntos de vista.
  • promocionar os proxectos premiados.
  • colaborar coas administraciones públicas para mellorar o desarrollo urbán das súas cidades.
  

No hay comentarios: