viernes, 12 de febrero de 2016

Wasmuth Portfolio

Coa exposición que inauguramos hoxe na Biblioteca pretendemos mostrar unha pequena xoia Wasmuth portfolio ,que forma parte do noso fondo ,sobre a obra do arquitecto estadounidense Frank Lloyd Wright (1867-1959).
Titulado Ausgeführte Bauten und Entwürfe von Frank Lloyd Wright, foi publicado en Alemania en 1911 Contiña planos e perspectivas de edificios do periodo 1895-1910. Foi a primeira publicación da obra de Wright que aparecía en calquera parte do mundo, xa que Wright non publicara nada sobre as súas obras ata o momento, e era un xeito de presentarse ante o mundo

Biografía

Frank LLoyd Wright Naceu o 8 de xuño de 1867 en Richland Center(Wisconsin). Estudou enxeñería civil na Universidade de Wisconsin e en 1887 viaxou a Chicago para traballar como debuxante no estudo de Adler and Sullivan. Un dos socios desta compañía, LouisHenri Sullivan, exerceu unha importante influencia na obra de Wright, que sempre lle considerou o seu mestre.
En 1893 abriu o seu propio estudo de arquitectura en Chicago. 
Wright acuñou o término de arquitectura orgánica, cuxa idea central consiste en que a construción debe derivarse directamente da contorna natural. Desde os inicios da súa carreira rexeitou os estilos neoclasicistas e victorianos que imperaban a finais do século XIX. Sempre se opuxo á imposición de calquera estilo, convencido como estaba de que a forma de cada edificio debe estar vinculada á súa función, a contorna e os materiais empregados na súa construción. Este último sempre foi un dos aspectos onde demostrou maior maestría, combinando con intelixencia todos os materiais de acordo coas súas posibilidades estructurales e estéticas. Outra das súas achegas fundamentais á arquitectura moderna foi o dominio da planta libre, coa que obtivo impresionantes espazos que flúen dunha estancia a outra. Este concepto é evidente nas chamadas prairie-houses (casas da pradera), entre as que destacan a Martin House en Buffalo (Nova York, 1904), a Coonley House en Riverside (Illinois, 1908) e a Robie House en Chicago (1909). Wright foi o pionero na utilización de novas técnicas constructivas, como os bloques de hormigón armado prefabricados e as innovacións no campo do aire
acondicionado, a iluminación indirecta e os paneles de calefacción. 

No hay comentarios: