viernes, 11 de diciembre de 2015

Investigación na ETSAC

Os investigadores da nosa Escola están apurando o ano para presentar a súas teses. Asi este luns presentanse tres, polo que haberá que escoller cal escoitar en función da súa temática.

--Lectura da tese de doutoramento por José Carlos Costa de Sousa:
“O impacto dalgúns arquitectos do norte de Portugal no panorama da arquitectura contemporánea”
Director: José Antonio Franco Taboada
Data: luns 14 de decembro de 2015, ás 11:00h no Salón de Graos, edificio de departamentos da ETSAC

--Lectura da tese de doutoramento de Begoña Ces Fernández:
 “Os efectos do seísmo de Lisboa de 1755 sobre o patrimonio monumental de Galicia”.
Dirección: Ramón Yzquierdo Perrín
Titor: José Ramón Soraluce Blond
Data: luns 14 de decembro de 2015, ás 11:30h. no Salón de actos da ETSAC

--Lectura da tese de doutoramento de Pablo Daniel García Carrillo:
“Desenvolvemento dun sistema para a integración das instalacións na construción con fábrica vista de bloque de formigón”
Director: Joaquín Fernández Madrid
Data: luns 14 de decembro de 2015, ás 12:00h na Aula Especial 2, andar -1, ETSAC

A todos os doutorandos desexamoslle moita sorte na súa presentación.

No hay comentarios: