jueves, 26 de noviembre de 2015

Black Friday

A Escola  tamén presenta unha oferta cultural interesante para este venres 27 de novembro.

--Ultima conferencia do ciclo Proxecto + Investigación 4, a cal ten como obxectivo xerar unha reflexión sobre o principal elemento constitutivo dos diversos tecidos morfolóxicos da cidade actual: a casa.
Carmen Espegel Alonso falará sobre "Espegel+Fisac Proyectos de vivienda"


--Lectura da tese de doutoramento de Óscar Fuertes Dopico: AS CARPINTERÍAS DE RIBEIRA EN GALICIA. A RECUPERACIÓN DAS SÚAS ARQUITECTURAS
Director: Joaquín Fernández Madrid
Ás 11:30h no Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC

--Palestra A VEDRA, AUTOESTRADA OU AVENIDA coa presenza de Daniel Díaz Grandío e Xiao Varela Gómez, concelleiros de Mobilidade Sostible e Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, respectivamente.
Con esta palestra ademáis de coñecer, de primeira man, as propostas do Concello para a humanización da infraestrutura coruñesa, a Escola pretende favorecer o debate sobre temas urbanos de actualidade.
Será ás 12 :00 h na aula especial 1, andar-1 da Escola


No hay comentarios: