jueves, 5 de noviembre de 2015

Josep María Montaner

Mañá venres a Escola acollerá unha palestra de Josep Maria Montaner, profesor da ETSAB e actual concelleiro de vivenda da capital catalana, que falará sobre “Política e arquitectura da vivenda social en Barcelona”.
O profesor Montaner ven de publicar unha nova obra baixo o título “A arquitectura da vivenda colectiva. Políticas e proxectos na cidade contemporánea”, a cal xa podedes consultar na nosa Biblioteca.
Ademais puxemos un punto de información bibliográfica coas obras deste arquitecto.
Data: venres 06 de novembro, ás 13:00h



Lugar: Salón de graos, edificio de departamentos da ETSAC


Tamén mañá comenza o ciclo PROYECTO + INVESTIGACIÓN 4
LA CASA: PIEZAS, ENSAMBLES Y ESTRATEGIAS no salón de actos da Escola ás 11:00 h.

Este ciclo de conferencias  propón como obxectivo xerar unha reflexión crítica sobre o principal elemento constitutivo dos diversos tecidos morfológicos da cidade actual: a casa. E isto, mediante a análise e diagnosis das pezas que a conforman, o estudo da adecuación e disposición de ensambles das mesmas e finalmente, a través dunha sistematización de estratexias de intervención en proxectos residenciales concretos.


No hay comentarios: