martes, 30 de junio de 2015

Horario de verán


Mañá empeza o mes de xullo e tamén o horario especial de verán. Nós estaremos aquí como sempre pero en horario máis reducido.
A Escola abre en xullo de 8.45 a 20.45, nós teremos que pechar un pouco antés para que o centro poida estar pechado a esa hora. En agosto só se abre en horario de mañá.
Durante este curso, ademais doutras novidades que podedes ver na Biblioteca, aumentamos a nosa presenza na rede

.Temos páxina web nova

.Creamos Scoop.it para teros ao tanto das novas de Arquitectura

.Potenciamos o uso de pinterest con novos taboleiros

.E.... en facebook xa somos 800

Grazas a todos por estar un curso máis con todos nos.

A fotografía ca que acompañamos esta publicación é dunha web que se chama Life of Pix.
Neste enlace podedes atopar fotos de stock libres.
 
 

No hay comentarios: