lunes, 16 de mayo de 2011

Construcción de fachadas en granito

Os arquitectos galegos Luís Collarte, co seu proxecto "Un mar de pedra" e Julio Grande e Adolfo Agra, antigos alumnos desta Escola, co seu traballo "P321" foron os gañadores do premio do Concurso de ideas para a construción de fachadas en granito convocado pola Fundación Centro Tecnolóxico do Granito.
O xurado valorou, entre outras, as solucións orixinais, o aforro enerxético, a rapidez da montaxe, a sinxeleza nas reparacións e aquelas formulacións que se apoiasen nas características específicas do granito fronte a outros tipos de pedra natural ou artificial.

No hay comentarios: