martes, 10 de mayo de 2011

Premio Juana de Vega de Arquitectura

A Fundación Juana de Vega dedica os seus esforzos a colaborar na mellora das condicións de vida do ámbito rural galego e no respecto da súa contorna natural.
Con este Premio búscase recoñecer a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, terminada o ano natural anterior en Galicia, segundo o criterio do xurado. Este valorará especialmente a capacidade da obra para converterse nunha referencia social que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen no medio non urbano.
A data límite de presentación dos proxectos realizados é o 31 de Maio.

Máis información na web da Fundación

No hay comentarios: