Esta conferencia será o acto de peche do ciclo de actividades que baixo o nome de "Primaveira Ambiental" organizou a Oficina de Medio Ambiente (OMA) da UDC, e constitúe o primeiro paso na difusión que desde Arquitectos Sen Fronteiras se pretende facer da investigación que, baixo a coordinación da profesora desta Escola Cristina García Fontán , está a explorar as posibilidades que ofrece a reciclaxe de material plástico de refugallo para o seu aproveitamento en sistemas construtivos en equipamentos comunitarios.A charla terá lugar este Xoves 19 de Maio as 12h no salón de actos da ETSAC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario