martes, 28 de marzo de 2017

Álvaro Siza ingresa como membro de honra na Real Academia Galega de Belas Artes



            Álvaro Siza



Con motivo do seu nomeamento como membro de honra da Real Academia Galega de Belas Artes, na Biblioteca da ETSAC facemos unha pequena reseña da súa traxectoria profesional e da súa obra.

Nace en Matosinhos, Portugal no ano 1933. Doutor arquitecto pola Facultade  de Arquitectura de Porto, onde exerceu tamén como profesor. Así mesmo, foi Profesor visitante en universidades coma a Universidade de Pensilvania, Universidade de Harvard, Escola Politécnica de Lausanne.

Siza é un dos máis importantes e prestixiosos arquitectos contemporáneos portugueses, a súa obra desenvólvese por todo o mundo, nela demostra a preocupación polo lugar, a integración na paisaxe, a adaptación á topografía, a busca da concordancia entre o natural e o cultural, o máis importante para él é o lugar onde se vai construir o edificio e as persoas que van a usalo. Realiza proxectos de arquitectura social interesándose principalmente pola transformación do espazo urbano que o leva a construir vivendas sociais coma por exemplo en Évora, Portugal, e tamén a rehabilitación de barrios en distintas cidades europeas como Berlín, La Haya ou Lisboa.

A súa arquitectura móvese entre o local e o global e aínda que non se encuadra en nigún movemento ou escola arquitectónica, podemos encontrar referencias de Alvar Aalto, Le Corbusier ou Wright. A súa obra ten unha gran dimensión humana, preocupase por comprender e respetar as necesidades das persoas que van a usar os seus edificios, é unha obra altruista ao servizo dos habitantes. Outra das súas preocupacións é o uso de materiais autóctonos, a defensa do traballo artesán e o coidado estudo da luz.

Ao largo da súa extensa carreira foi distinguido con moitos e importantes premios coma o Premio Europeo de Arquitectura Mies van der Rohe no ano 1988, o Premio Pritzker no 1992, Riba Gold Medal no 2009, UIA Gold Medal no 2011.

As súas principais obras no noso país son o Centro Galego da Arte Contemporáneo en Santiago de Compostela, a Facultade de Cciencias da Comunicación tamén en Santigo de Compostela.

Na Biblioteca da ETSAC fixemos un centro de interés sobre Siza onde atoparedes libros, revistas e outros materiais sobre a súa obra.





No hay comentarios: