viernes, 13 de mayo de 2016

Mendes da Rocha


Paulo Mendes da Rocha é un dos máis importantes e laureados arquitectos brasileiros dos nosos tempos xunto e en contraposición de Niemeyer.
Recentemente recibiu o premio León de Ouro á traxectoria e dende a biblioteca desexamos facer unha pequena lembranza da súa obra.

De pai e abós inxenieiros, que di que o influiron moi positivamente á hora de exercer á súa profesión, cursou estudos de arquitectura en Sao Paulo. Sería precisamente alí onde coincidiría co nacemento da Escola Brutalista Paulista ( http://www.jbono.es/filter/urbanismo/Escuela-Paulista-Brutalismo-en-Brasil
) liderada por Artigas, á que seguiría e pola cal comezaría a situarse na vangarda arquitectónica do seu país.

Nos anos sesenta comezaría á súa etapa docente, que tería que deixar de lado polo golpe de estado militar, e voltaría a ela xa nos años 80. Irónicamente se trataría dun dos seus periodos máis fructíferos en canto á práctica arquitectónica.

Case toda a súa obra se atopa en Brasil, como o Centro Cultural Fiesp (http://www.fiesp.com.br/centro-cultural-fiesp-ruth-cardoso/ ), o Museo Brasileiro de Escultura (http://catalogo.artium.org/dossieres/exposiciones/premios-pritzker-viaje-por-la-arquitectura-contemporanea/obra-seleccionada-20 ) ou a súa propia casa (http://catalogo.artium.org/dossieres/exposiciones/premios-pritzker-viaje-por-la-arquitectura-contemporanea/casa-en-butanta-1967), coa que pretendía experimentar con materiais e demostrar que era posible unha forma diferente de facer arquitectura.

Moi ligado ó papel social da arquitectura e á responsabilidade que implica a creación de edificios, levou a cabo todo tipo de obras. Trata sempre de atopar unha síntese entre utilidade e beleza. Unha visión moi pragmática da disciplina. Ó mesmo tempo posiciónase en contra dos arquitectos estrela xa que considera que o importante é o edificio e as persoas, non o que o deseña. Igualmente aboga porque a arquitectura “sexa oportuna, pois a cidade fórmana as casas e non os monumentos”.

Ó longo de toda a súa carreira gañou numerosos concursos públicos no seu país e recibiu varios premios entre os que conta o Mies van der Rohe de Arquitectura Latinoamericana de 2000, polo proxecto de restauración  da Pinacoteca do Estado de Sao Paulo, e o Pritzker en 2006.


Se vos pasades pola biblioteca atoparedes unha selección de algunas obras que analizan a súa producción e varias revistas nas que se fan análises de algún dos seus edificios en concreto. A destacar a súa “Obra completa” (72 Mendes da Rocha PIS) na que se fai unha análise completa da súa traxectoria e vale a pena darlle un repaso e o monográfico de  AV Monografías (72 Mendes da Rocha AVM).

No hay comentarios: