
Na Biblioteca de Arquitectura as mulleres que seleccionamos este ano son:
.Charlotte Perriand (1903- 1999, Francia ) é unha das arquitectas e diseñadoras máis influyentes do movemento modernista , introduciu a estética da “idade da máquina” aos interiores mediante obxectos decorativos utilizando materiais como aluminio, vidro e aceiro.
.Denise Scott Brown (1931, Zambia) é unha arquitecta, urbanista, escritora, profesora e socia do Estudo
Venturi-Scott Brown & Associates en Filadelfia. Xunto co seu marido e socio,
o arquitecto Robert Venturi, son considerados
entre os máis influintes arquitectos do século XX, tanto pola súa actividade
como proyectistas como polos seus escritos teóricos e os seus ensinos.
.Matilde Ucelay Maórtua,(1912-2008, Madrid) primeira muller co título de arquitecto en España, profesión que exerceu durante máis de 40 anos e cuxa traxectoria foi merecedora do Premio Nacional de Arquitectura en 2004.
De todas elas podedes atopar ampla bibliografía no catálogo da UDC, agás de Matilde Ucelay da que tense publicado moi pouco da súa obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario