viernes, 31 de enero de 2014

Case study houses

A Biblioteca ven de inaugurar a exposición "Case study houses : arts & architecture, magazine 1945-1966 " na nosa área de exposicións.
O programa Case Study House (1945-1966) foi un acontecemento excepcional e innovador na historia da arquitectura estadounidense  . Este programa, que se centrou no área dos Angeles e supervisou o deseño de 36 prototipos de vivenda, buscaba ofrecer plans para construír residencias modernas que resultasen máis económicas e de fácil construción durante o boom de demanda de vivendas da posguerra.
Altamente experimental, o programa creou casas que foron deseñadas polos mellores arquitectos do momento ( Richard Neutra, Charles and Ray Eames, Pierre Koenig....) para redefinir o fogar moderno, e así exerceron unha forte influencia na arquitectura estadounidense e internacional.
 
A principal forza inspiradora do programa foi o editor da revista  Arts & Architecture John Entenza. O que hoxe vos mostramos é a versión facsimil da edición de 1945-1954.


O deseño do cartel da exposición é de Ruben Paz.

No hay comentarios: