martes, 8 de octubre de 2013

Unha enquisa da Biblioteca para vós

Estamos a preparar, unha serie de enquisas para detectar as vosas necesidades de formación. Achegámosvos uhna sobre o uso e acceso aos artigos académicos para a realización dos vosos traballos da escola (traballos de asignatura, de fin de carreira, de máster, etc.)

https://docs.google.com/forms/d/1LXOtsXmF_DaAdBXStc6qNOhIzpsUbuFCjYlZmmUMEiY/viewform

Esta iniciativa enmárcase dentro dun plano de formación que ten coma idea principal identificar puntos clave relacionados coa selección e acceso á información que poidan mellorar o voso rendimento académico.

Gustaríanos pois que lle adicásedes un par de minutos a cubrir este formulario (son só 12 preguntas).

Nestes días repartiremos físicamente o formulario por distintos espazos da Escola para chegar á maior cantidade posible de alumnos. Etamos abertos a todas as vosas suxerencias. Podedes envialas ben por email, teléfono ou en persona.

Correro electrónico: etsa.bib@ud.es

Teléfono: 981167000, Ext:5001

No hay comentarios: