viernes, 4 de octubre de 2013

Día mundial da Arquitectura



O COAG celebrará o próximo día 7 de outubro o día Mundial da Arquitectura.

 Cultura – Arquitectura  é o lema elixido pola UIA, querendo destacar a multitude de interpretacións e ilustracións que refrexan a diversidade, riqueza, imaxinación e capacidade de invención dos arquitectos a través dos seus deseños e obras.
A través das súas sete delegacións, o COAG pretende levar aos cidadáns esta celebración.
Aquí na Coruña como o luns é festa, (lembrade que a biblioteca e todos os edificios da UDC en Coruña estarán pechados), a delegación centrará as súas actividades do Día Mundial da Arquitectura no Barrio da Pescadería de A Coruña, a través dun percorrido por trece lugares deste barrio coruñés.

Podedes ampliar toda a información na web do COAG.

As Nacións Unidas designaron o primeiro luns de outubro como o Día Mundial do Habitat. A idea é reflexionar sobre o estado dos nosos pobos e cidades e o dereito básico de todos a unha vivenda axeitada.
Arquitectos Sen Fronteiras Galicia adicaralle todo o mes con diversas actividades a realizar na Escola Técnica Superior de Arquitectura:

  • Durante todo o mes, exposición na Planta -1 dos Proxectos Fin de Carreira adicados á Comunidade Mª do Mar en Guatemala, cos paneis resumo e algunhas das maquetas.
  • O martes día 8  unha conferencia no Salón de Actos ás 12h, con distintas experiencias relacionadas co hábitat.

No hay comentarios: