lunes, 5 de noviembre de 2012

Gau Aulenti

Estes días déixonos Gau Aulenti, xenio na arquitectura.

Licenciada en 1954 no Politécnico de Milán, púxose a traballar con outros mozos colegas de talento na redacción da revista Casabella. Foi aquí onde propuxo o neoliberty como alternativa á arquitectura racionalista que neses anos parecía a única vía posible. Era unha aposta valente que marca a súa vontade de participar na realidade cotiá e na reconstrución urbanística de Italia.

A súa carreira arrincou eses anos cincuenta realizando tendas para Olivetti, rehabilitacións de apartamentos e casas de importantes familias, que foi entrelazando con colaboracións en Casabella e Lotus, coa universidade e con excursións ao mundo do deseño e o teatro. No primeiro, realizou creacións tan xeniais como a lámpada Pipistrello (1965). A paixón pola arte escénica levouna a colaborar, de 1976 a 1978, co director de ópera Luca Ronconi, deseñando a escenografía de óperas como Viaxe a Reims, de Rossini.

No recordo quedan a súa reforma do Museo D'Orsay, o Palacio Grassi e o Museo Nacional de Arte de Cataluña.

Podedes consultar na nosa
Biblioteca bibliografía coas súas obras.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Supoño que vos referides a GAE Aulenti.